Roald Amundsen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
ampliación
corrixo mentras por mentres ou namentres
Liña 40:
Trala súa expedición ao Paso do Noroeste Amundsen planeou outra expedición, desta vez ao [[Polo Norte]], a bordo do [[buque]] ''Fram'', propiedade de [[Fridtjof Nansen]] e que este xa tiña utilizado en viaxes árticos. Porén pouco despois tivo novas de que [[Robert Peary]] se lle adiantara en ser o primeiro [[ser humano]] no Polo Norte, polo que cambiou os seus plan e decidiu dirixirse ao [[Polo Sur]]. Neste obxetivo contaría ca competencia doutro explorador, o [[Gran Bretaña|británico]] [[Robert Falcon Scott]], que organizara unha expedición paralela.
 
O [[14 de xaneiro]] de [[1911]] chegou co ''Fram'' á [[plataforma de xeo de Ross]], no mar de nome homónimo. Anclou o buque na [[Bahía das Baleas]] e levantou o seu campamento, que chamou ''Framheim''. Scott pola súa parte establecérase en MacMurdo Sound, 96 [[quilómetro|quilómetros]] máis lonxe do Polo Sur que Amundsen. MentrasMentres o plan do británico era seguir a ruta de [[Ernest Shackleton]] polo [[glaciar]] Beardmore ata a meseta Antártica, Amundsen pretendía crear a súa propia, subindo os montes Transantárticos ata a susodita meseta.
 
Nos meses seguintes estableceron postos de suministros nos paralelos 80º, 81º e 82º Sur en liña directa ao polo, permitíndolles comprobar as condicións do medio e o funcionamento dos equipos. Esto permitiulles realizar melloras significativas no equipo durante o [[inverno]], en especial nos trineos, cuxo peso conseguiu reducir signifativamente [[Olav Bjalland]]. O [[4 de febreiro]] dese ano unha parte da expedición de Scott fixo unha visita de cortesía ao Framheim.
 
O [[8 de setembro]] de [[1911]] a expedición nórdica saiu dirección ao polo, o equipo formábano oito persoas: [[Olav Bjaaland]], [[Helmer Hanssen]], [[Sverre Hassel]], [[Oscar Wisting]], [[Jørgen Stubberud]], [[Hjalmar Johansen]], [[Kristian Prestrud]] e o propio Amundsen. O momento da partida escolleuse debido a un aumento das temperaturas que semellaba un quentamento primaveral, porén poucos días despois da partida as temperaturas baixaron drasticamente ata chegar aos -51ºC, polo que chegaron ao posto 80ºS deixaron os suministros e regresaron a Framheim. O resultado foi o desencontro entre os membros do equipo, polo que se reestructurou a expedición, a Johansen, Prestrud e Stubberud encargoulles explorar a [[Terra de Eduardo VII]], descuberta recientemente por Scott, mentrasmentres que Amundsen, Bjaaland, Hanssen, Hassel e Wisting formaron a nova expedición ártica.
 
[[Ficheiro:Amundsen-Fram.jpg|miniatura|300px|O navío ''Fram'' na [[Antártida]].]]
O novo intento de expedición foi o [[19 de outubro]] de [[1911]] con catro trineos e 52 cans de raza groenlandesa, liderados pola femia Etah. O alimento do equipo consistía nunha ración diaria de 380 g de galleta, 350 g de [[pemmican]], 40 g de [[chocolate]] e 60 g de [[leite]] en pó mentrasmentres que para os cáns asignouselles 500 g de pemmican diarios.
 
O [[23 de outubro]] chegaron ao posto 80º e o [[3 de novembro]] ao 82º, o último antes do polo sur. O [[15 de novembro]] alcanzaron a latitude 85ºS, aos pes dos montes Transantárticos, o [[21 de novembro]] remataron a travesía dos mesmos e chegaron á meseta antártica, que sería renomeada coma meseta do Rei Haakon VII, e os montes adxacentes como montes da Raíña Maud. Alí sacrificaron 24 cans, unha parte de cuxa carne foi destinada a alimentar ao resto de animais e outra parte almacenada para a viaxe de volta.