Ubre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo adosado por acaroado
Liña 15:
== Ubre da vaca ==
[[Ficheiro:Bezerro_mamando_REFON.jpg|miniatura|300px|Becerro mamando]]
Na vaca, o ubre está formado por catro glándulas ou cuarteiróns independentes, adosadasacaroadas entre si para dar lugar ó órgano que se aprecia ó exterior, e separadas por tecido conectivo. No tabique saxital hai un [[ligamento]] suspensor que mantén o peso da glándula.
 
Cada cuarteirón abre ó exterior por cadanseu teto <ref>Ocasionalmente poden aparecer tetos supernumerarios ou accesorios, na parte posterior do ubre, de pequeño tamaño e non produtivos. Adoitan extirparse cando aínda son becerras.</ref>. Os tetos están percorridos lonxitudinalmente por unha canle, o conduto do teto, que remata nun [[esfínter]] situado no bico do teto. Este esfínter está completado por pregos da [[mucosa]] interna da canle do teto para asegurar un peche hermético que impida a perda pasiva de leite e a entrada de contaminación do exterior.