Calleiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 23 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q27004
corrixo adosado por acaroado
Liña 3:
 
==Descrición==
Consiste nun saco lonxitudinal de forma de longa pera, curvado ventralmente, adosadoacaroado pola súa cara esquerda ó rume, mentres que a cara dereita contacta co [[Músculo diafragma|diafragma]] e a parede abdominal. O extremo inicial, o máis ancho, sitúase baixo o libro. Logo, a víscera vai estreitando e ascendendo ata rematar no [[píloro]], co que comunica co [[intestino delgado]], á altura do bordo ventral das [[costela]]s 9 a 11.
 
A [[mucosa]] é lisa, branda e húmida, e forma pregos lonxitudinais de 13-14 cm de lonxitude por 5 cm de altura (na [[vaca]]), que nacen na zona onde comunica co libro e seguen unha disposición espiral segundo reducen a súa altura cara o píloro. Nestes pregos, a musculatura da parede da víscera está reforzada. A zona dos pregos, chamada corpo ou fondo do abomaso, mostra unha cor vermella, mentres que a zona máis próxima ó píloro é de cor amarelada e superficie arrugada.