Sintetizador: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
corrixo adosado por acaroado
Liña 4:
O seu principio de funcionamento é, pois, electrónico, e na súa orixe, a finais do [[século XIX]] o proceso de xeración era totalmente [[sintetizador analóxico|analóxico]], conectando compoñentes ou módulos que chegaban a ocupar grandes espazos coma armarios. Mudaron moito os sintetizadores desde os modelos antigos, e sobre todo desde o boom dixital, existindo a día de hoxe grandes variedades que mesturan ou non o dixital e o analóxico, e até existindo simples programas de ordenador que cumpren a mesma función.
 
A forma máis común que presenta un sintetizador é a de teclado electrónico adosadoacaroado a uns controis para manexar a circuitería interna. Pódense clasificar en non programables, cunha serie de sons almacenados no disco duro pero non variables, e en programables, que poden crear os seus propios sons. Estes á súa vez, constan de tres partes: os controis de interpretación musical, os controis de programación e o sistema de xeración de son.
 
O dispositivo elemental da [[síntese]] é o [[oscilador]] e a máis empregada é a síntese por modulación de frecuencia, que consiste en variar a frecuencia dunha forma de onda, a portadora, uníndoa á amplitude dunha segunda, denominada moduladora.