Montouto, Abadín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
corrixo adosada por acaroada
Liña 22:
 
==Patrimonio==
Na Ponte sitúase a antiga igrexa parroquial de Santa María de Montouto. Construída no século XVI, na actualidade está en estado ruinoso, pechada ao culto dende 1965. É de planta rectangular, dunha soa nave, capela maior e sacristía adosadaacaroada na cabeceira. A súa construción realizouse con cachotería granítica e cuberta con lousa a dúas augas. Na fachada presenta un pórtico rústico que encerra a porta principal do arco de medio punto de tipo isabelino, con espadaña dun só corpo. O muro dereito exterior da capela maior presenta unha cruz gravada en pedra. No interior: arco triunfal carpanel, sen retablo maior e sen tallas, polo seu traslado ao Museo Catedralicio e Diocesano de Santos San Cristovo de [[Mondoñedo]] e á nova Igrexa parroquial de Montouto. O camposanto está contiguo, con interesante pila bautismal de estilo gótico final.
 
Áchase na Ponte, tamén, un cruceiro, realizado en granito. Cruz florenzada con Cristo de grandes proporcións e Piedade no reverso de arcaizante factura; capitel con anxos nos lados e volutas nas esquinas; fuste poligonal con atributos da Paixón: lanza cravada no corazón, martelo e tenaces, no lado maior, e no lado menor apréciase unha cabeza, escaleira e culebra; a base, cúbica sobre unha plataforma de dous escalóns cadrangulares. Non ten inscrición. Noutros lugares da mesma parroquia localízanse outros moitos cruceiros, sendo o presente o mellor exemplar.