Abrir o menú principal

Cambios

== Hábitat e bioloxía ==
[[Ficheiro:Sardina pilchardus.jpg|miniatura|250px|Xoubas ou parrochas.]]
A sardiña distribúese polo Atlántico leste, desde [[Islandia]] e o sur de [[Noruega]] e [[Suecia]], polo norte, até as costas do norestenordeste [[África|africano]], ata [[Senegal]], polo sur, pasando polas [[illas Azores]] e as de [[Cabo Verde]], e internándose polo [[Mediterráneo]] ata o [[mar Negro]].<ref>[http://www.aquamaps.org/receive.php Ver mapa de distribución]</ref> Son menos abundantes nas costas máis setentrionais.<ref name=BP/> <ref name=M/>
 
É un peixe peláxico, gregario, que forma grandes [[cardume]]s ou mansíos en aguas costeiras, por riba dos 50 m de profundidade, buscando sempre as augas máis cálidas e salgadas,<ref name=BP/> migrando cara ao norte en verán e cara ao sur en inverno,<ref name=RS/> <ref name=M/> alimentando importantes [[pesca]]rías. Aliméntase principalmente de [[zooplanctonzooplancto]] (como pequenos [[crustáceos]] e [[ovo (bioloxía)|ovos]] e [[larva]]s de [[peixe]]s).<ref name=RS/> <ref name=RV/> <ref name=M/>
 
A época da reprodución é durante a primavera e o verán, dependendo da temperatura da auga,<ref name=RS/> <ref name=RV/> en alta mar ou prertopreto da costa. Na parte meridional do [[mar do Norte]] a desova ten lugar desde xuño ata agosto, no [[canal da Mancha]] en abril, en [[Galicia]] e [[Portugal]] de febreiro a abril, e no [[Mediterráneo]] desde setembro ata maio.<ref name=M/>
 
As femias producen de 50 000 a 60 000 ovos, e de 1,5 mm de diámetro, que eclosionan ao cabo de 2 a 4 días, e as larvas miden, cando nacen, uns 4 mm.<ref name=M/>
170.184

edicións