Eslovenia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Castelao (conversa | contribucións)
m "Dedicar" (galego) por "adicar" (hipergaleguismo)
Liña 219:
Durante o [[2000]], Eslovenia estivo levando a cabo privatizacións nos eidos da banca, telecomunicacións e servizos públicos. As restricións dos investimentos estranxeiros estanse a desmantelar e agárdase que o investimento estranxeiro medre nos próximos anos. Nos últimos anos a economía está a medrar a un ritmo moi forte, 5,2% nos primeiros 9 meses do [[2006]], 4,0% no [[2005]], 4,4% no [[2006]] e un 4,8% no [[2007]] segundo estimacións, en comparación co 2,7% de [[2003]].
 
Eslovenia conta con importantes reservas de [[petróleo]], [[carbón]] e [[zinc]]. A pesar de que só o 2% da poboación se adicadedica á agricultura, a produción de cereais satisfai a demanda interna e mesmo exporta a maior parte das súas colleitas de trigo a [[Rusia]] e a [[República Federal Socialista de Iugoslavia|antiga Iugoslavia]]. Tamén é líder mundial na fabricación de elementos para deportes de inverno, tamén é de destacar que o 20% dos xenéricos que se venden no mundo son producidos por farmacéuticas eslovenas.
 
En canto ao sector industrial as fábricas situadas en [[Liubliana]] e [[Maribor]] producen automóbiles, motores e autopartes, material eléctrico, aparellos ópticos, medicamentos, papel e derivados. A filial eslovena de Renault (Revoz) conta en [[2004]] cun persoal de 2.100 empregados e en [[2003]] destinou a exportacións o 95% da produción da súa factoría eslovena en [[Novo Mesto]]. O principal socio comercial de Eslovenia é [[Alemaña]].