Pirámide de poboación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiño
Liña 26:
* En primeiro lugar, as poboacións rurais teñen unha natalidade superior ás áreas urbanas, sobre todo se, nestas últimas, se trata de cidades bastante grandes. Os motivos desta característica débense ás diferenzas sociolóxicas, laborais e de posibilidades económicas e educativas, que existen entre as áreas rurais e urbanas. Por exemplo, no medio rural, o traballo de nenas e nenos de pouca idade é unha constante desde case o principio da humanidade, algo que se debe a que moi cedo comezan a axudar ós seus pais (os nenos) e ás nais (as nenas) no que se refire a pequenas tarefas ou quefaceres agrícolas ou domésticos. Á súa vez, esta característica tan arraigada entre as poboacións rurais de todo o mundo, tanto se se trata de países subdesenvolvidos como de países desenvolvidos, fai que a ausencia escolar e, sobre todo, a deserción escolar estacional ou permanente, sexan moito máis intensas no medio rural. Como consecuencia diso, a poboación rural é máis nova e ten un predominio do sexo masculino, especialmente nas áreas máis subdesenvolvidas, xa que nelas, o éxodo rural é moito máis importante entre o sexo feminino que no masculino, pola maior diversidade de actividades económicas e educativas que existe para as mulleres nas cidades. Pola contra, a natalidade nas cidades é moito menor que no campo polas menores necesidades de traballo infantil, a dificultade en satisfacer as necesidades sociais, educativas, culturais, médicas e recreativas (entre outras) dunha poboación infantil sempre crecente (non pola natalidade, senón pola inmigración), o conxestionamento e espazo reducido das vivendas e moitos outros factores.
 
* En segundo lugar, na poboación urbana, como consecuencia do dito anteriormente, predomina o sexo feminino e o grupo de poboación adulta, sendo a cotíoacotío o de poboación vella case tan numeroso, ou máis, que o da poboación nova.
 
* En terceiro lugar, nas áreas rurais, o efecto da emigración déixase sentir no grupo dos adultos novos (15 a 30 anos, aproximadamente), pola forte emigración cara ás cidades ou [[éxodo rural]]. A escaseza de poboación activa no campo adóitase corrixir mediante un crecente emprego de técnicas modernas de cultivo (por exemplo, rega por goteo ou emprego de motocultores eficientes e cada vez maiores), ou coa contratación de inmigrantes con salarios máis baixos, o cal vén afectar a calidade do emprego e, polo tanto, o aumento do éxodo rural.