Piano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo presionar por premer
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiño
Liña 31:
Dende os primeiros pianos do italiano Cristofori ata os pianos actuais, producíronse moitos avances e melloras, pero o concepto e a idea fundamental para a súa construción continúan sendo as mesmas. Optimizáronse materiais para lograr unha mellor calidade de son, aumentouse paulatinamente o número de notas para ampliar a capacidade musical do instrumento e mellorouse o deseño para lograr un mellor rendemento. Porén, o concepto fundamental de pianoforte como un instrumento capaz de lograr sons fotes e suaves segue sendo o mesmo.
 
O apoxeo da fabricación de pianos tivo lugar a finais do [[século XVIII]] na escola de [[Viena]], que incluíu a fabricantes como o mencionado Johann Andreas Stein (que traballou en [[Augsburgo]], [[Alemaña]]) e os vieneses [[Nannette Streicher]] (filla de Stein) e [[Anton Walter]]. Os pianos de estilo vienés foron construidos con marcos de madeira, dúas cordas para cada nota e mazos cubertos de coiro. Algúns destos pianos de estilo vienés tiñan un colorido oposto ao dos pianos modernos: as teclas naturais eran negras e as accidentais brancas. [[Wolfgang Amadeus Mozart]] compuxo os seus concertos e sonatas para eles e incluso fabricáronse réplicas para o seu uso en interpretacións de música antiga. Os pianos da época de Mozart tiñan un ton máis suave e claro que os pianos modernos ou os pianos ingleses, con potencia mantida. O termo ''pianoforte'' utilíza a cotíoacotío para distinguir os pianos do século XVIII dos pianos posteriores.
 
[[Ficheiro:FortepianoAntonWalter.JPG|miniatura|225px|Piano fabricado por [[Anton Walter]] en 1810.]]