André Vesalio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
a
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiño
Liña 32:
A obra destaca a importancia da disección e do que en adiante se chamou a visión "anatómica" do corpo humano. O termo que utilizou para titular o seu libro, "Fabrica", ten connotacións [[arquitectura|arquitectónicas]]. Na súa descrición parte dos ósos, ligamentos e músculos, que fundamentan a estrutura corporal, para pasar a estudar logo os sistemas conectivos ou unitivos (vasos sanguíneos e nervios) e os sistemas que impulsan a vida. Dos sete libros de que consta a obra, o primeiro trata dos [[óso]]s e [[cartilaxe]]s; o segundo dos [[músculo]]s e [[ligamento]]s; no terceiro descríbense as [[vea]]s e [[arteria]]s; no cuarto, os [[nervio]]s; no quinto, os aparellos dixestivo e reprodutor; no sexto, o corazón e os órganos que o auxilian, como os [[pulmón]]s; o sétimo e último está dedicado ao [[sistema nervioso|sistema nervioso central]] e aos órganos dos sentidos. O seu modelo anatómico contrasta poderosamente cos vixentes no pasado.
 
Ademais de realizar a primeira descrición válida do [[esfenoide]], demostrou que o [[esterno]] consta de tres partes e o [[sacro]] de cinco ou seis; e describiu coidadosamente o vestíbulo do [[oído]] no interior do óso [[temporal (óso)|temporal]]. Verificou as observacións de Etienne aceraacerca das válvulas nas veas hepáticas, describiu a [[vea ácigos]], e descubriu no feto a canle que comunica a vea umbilical e a vea cava inferior, chamado desde entón ''[[ductus venosus]]''. Describiu tamén o [[omento]], e as súas conexións co [[estómago]], o [[bazo]] e o [[colon]]; ofreceu as primeiras nocións correctas sobre a estrutura do [[píloro]]; e observou o pequeno tamaño do [[apéndice vermiforme]] nos homes; deu as primeiras descricións válidas do [[mediastino]] e a [[pleura]], e a explicación máis correcta da anatomía do [[cerebro]] realizada até aquela data.
 
=== Médico imperial e real ===