Valongo, Cortegada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Eoax (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Historia: cómpre referencia
Liña 15:
'''San Martiño de Valongo''' é unha parroquia do concello de [[Cortegada]], situada na [[provincia de Ourense]] [[comarca do Ribeiro]]. No ano [[2013]] tiña 275 habitantes, dos cales 133 eran homes e 142 eran mulleres.
==Historia==
Os [[petróglifo]]s do Monte Picoñas proban a existencia neste val de comunidades humanas aló polo II Milenio a. C., pertencentes á Idade do bronce, forman parte do [[Grupo Galaico de Arte Rupestre]], na idade do Ferro o val estivo baixo a órbita do castro de Abelenda{{Cómpre referencia}}, existe constancia documental da existencia de poboación de homes e mulleres libres a través dun documento de doazón de varios privados ao mosteiro de [[Celanova]] no século X (entre eles do lugar de Saa), razón pola cal o territorio caeu baixo a órbita do mosteiro de Celanova, o maior terratenente ourensán, que tivo enfrontamentos e preitos co mosteiro feminino de [[Ramirás]] polas lindes no lugar da Decolada, que se saldou coa vitoria do de Celanova ao pasar o mosteiro de Ramirás a baixo control celanovés.
 
A principios do XIX Valongo foi concello de seu, e tivo a primeira escola do concello, sendo este concello finalmente adscrito ao de Cortegada. Durante o XIX pasaron varias veces, desde e cara a fronteira con Portugal diferentes partidas carlistas.