Diferenzas entre revisións de «Systema Naturae»

Para a clasificación do reino vexetal Linneo segue o seu novo sistema sexual, en que as especies co mesmo número de [[estame]]s se inclúen no mesmo grupo. A clasificación dos animais era máis natural. Por exemplo, os [[Homo sapiens|seres humanos]] foron por primeira vez colocados xunto a outros [[primates]] (como ''[[Anthropomorpha]]'').
 
En vista da popularidade da obra, Linneo continou a publicación de novas edicións, ampliando en cada unha a precedente, desde as once páxinas da primeira edición (1735) ás tres mil páxinas da decimoterceiradéciimo terceira e última edición (1770). Ademais, segundo avanzaba no traballo, fixo modificacións: na primeira edición as [[Mysticeti|baleas]] foron (erroneamente) clasificadas como [[Pisces|peixes]]; na 10ª edición, publicada en 1758, as baleas xa se identificaron como [[Mammalia|mamíferos]].<ref>O que non convenceu a varios estudosos, por exemplo, a [[Cornide Saavedra]] que, aínda así, seguiu o criterio linneano no seu ''Ensaio'' sobre os peixes de Galicia.</ref> Nesta mesma edición introduce para as [[especie (bioloxía)|especies]] animais un [[nome científico]] formado por dous termos (xenérico e específico), a denominada [[nomenclatura binomial]], algo que xa fixera para as especies de [[plantas]] en [[1753]], na publicación de ''Species Plantarum''.
 
== Notas ==
230.259

edicións