Diferenzas entre revisións de «Arte bizantina»

sen resumo de edición
m (ourivaría)
A impronta romana, o gusto polo luxo, a suntuosidade e a proporción herdados da cultura grega deu lugar a unha arte imperial-relixiosa presidida pola idea do dogmático e por unha concepción xerarquizante e simbólica da arte na que as formas e as técnicas respondían a unhas normas fixas, segundo un preciso e inmutable contido teolóxico, no que Deus e o emperador quedaban no mesmo rango no nivel representativo.
 
Os templos bizantinos tiñan planta centralizada cunha gran [[cúpula]] central como un trasunto arquitectónico da bóveda celeste, conservando en xeral a organización da [[basílica]] [[arquitectura paleocristiá|paleocristiá]]. O [[iconostasio]] separaba o [[presbiterio]] das naves, constituíndo un lugar específico para as imaxes. Usualmente utilizaba como material de construción o [[ladrillo]], como os romanos, pero acentuando a súa función decorativa, empregando frecuentemente o [[arco de medio punto]] e as cubertas abovedadas.
 
Os edificios no interior amosaban unha decoración suntuosa a base de mosaicos, esmaltes, [[ourivaría]], teas e un longo etcétera. Exteriormente predominaba a verticalidade e conxugación de rectas e curvas.
300.041

edicións