Wicca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
mSen resumo de edición
Liña 2:
A '''Wicca''' é unha relixión neopagá influenciada por crenzas precristiás e prácticas de Europa ocidental que afirma a existencia dun poder sobrenatural, como a maxia, e os principios físicos e espirituais masculinos e femeninos que se integran coa natureza, e que celebra os ciclos da vida e os festivais estacionais, coñecidos como Sabbats, os cales ocorren, polo normal, oito veces por ano.
 
A Wicca é unha relixión [[Politeísmo|politeista]], de culto basicamente dualista, que cre tradicionalmente na Mai Tripla e no Deus con Cornos. Estas dúas deidades vense moitas veces como as caras dunha divinidadedivindade panteísta maior, ou que se manifestan como varias divindades politeístas. A Wicca inclúe a práctica ritual da maxia, en parte influenciada pola maxia ceremonial, moitas veces en conxunto cun código moral coñecido como a "Wiccan Rede", ainda que non é unha regra.
 
Existen varias tradicións dentro da Wicca. Algunhas, como a Wicca Gadneriana e a Alexandrina, seguen a liñaxe iniciática de Gadner ou Alex Sanders. A ambas denomínaselles Wicca Tradicional Británica, e moitos dos seus practicantes consideran que o termo "wicca" só se lles pode aplicar a eles. Outras, como a Faery Wicca ou as Tradicións diánicas, teñen outras figuras como principais influencias e non se centran tanto na liñaxe da tradición. Algunhas destas tradicións neopagás non usan o termo "Wicca" para referirse a eles mesmos, preferindo "Bruxería", mentres que outros cren que todas estas tradicións poden considerarse wiccanas.