Gran Premio dos Estados Unidos de 1960: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cite book; cambios estética
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiño
Liña 44:
Situado no deserto preto das montañas de San Bernardino ao leste dos [[Os Ánxeles|Ánxeles]], o circuíto de Riverside ten unha sección particularmente esixente de eses costa arriba, logo de pasar a liña de meta. O residente en Riverside e heroe local [[Dan Gurney]] chegou á pista como o favorito da multitude, que só eran 25.000 espectadores. [[Jack Brabham]], que xa conseguira o seu segundo Campionato Mundial consecutivo unhas semanas antes en [[Gran Premio de Portugal de 1960|Portugal]], estaba de volta co seu compañeiro [[Bruce McLaren]] na fábrica [[Cooper Car Company|Cooper]] - [[Coventry Climax|Climax]]. [[Team Lotus|Lotus]] participou cos coches de [[Jim Clark]], [[Innes Ireland]] e [[John Surtees]], mentres que [[Rob Walker Racing Team|Rob Walker]] participou co Lotus de [[Stirling Moss]]. [[British Racing Motors|BRM]] participou con tres P48 con motor central para [[Jo Bonnier]], [[Graham Hill]] e Gurney. Coa perda outra vez do campionato, [[Enzo Ferrari]] decidiu quedar cos seus coches en casa, pensando que o seu tempo estaría mellor empregado na preparación do novo coche de 1.5 litros para {{f1|1961}}. Aos pilotos [[Phil Hill]] e [[Wolfgang von Trips]], con todo, permitíuselles participar na carreira con outros equipos. En particular Hill, quería protexer á súa posición no terceiro lugar no Campionato detrás dos seus compañeiros do equipo Cooper Brabham e McLaren.
 
Moss gañou a batalla da pole, moi por diante de Brabham e Gurney, que completaron a primeira fila. Phil Hill quedou sorprendido pola "incribleincreíble" diferenza no manexo entre o vello Cooper, verde e vermello con motor traseiro que recibíu para a carreira e o Ferrari Dino gañador de Monza que pilotara toda a tempada, pero se amañou para ser décimo terceiro na grella.
 
Un pequeno grupo de veteranos de Riverside estaban preparados para a carreira, pero, víronse sorprendidos polo espectáculo dos coches de F1. Brabham tomou a dianteira na primeira curva, por diante de Gurney e Moss. Os Cooper de Phil Hill e [[Olivier Gendebien]] calaronse na grella, pero arrancaron e púxeronse en marcha. Na volta 4, Surtees trompeou o seu Lotus diante do seu compañeiro de equipo Jim Clark, quedando eliminado.