Diferenzas entre revisións de «Ortografía»

Estes usos non impedían que noutros casos se usase algún destes signos para outro son, principalmente por criterios etimolóxicos, así no mesmo texto podíase escribir ''allo'' e ''cavallo'' (cabalo). Pero o galego non chegou á [[Idade Moderna]] como lingua escrita, período no que outras linguas do contorno comezaron a adoptar unhas determinadas normas ortográficas. Cando se comezou a escribir galego de novo durante o [[Rexurdimento]] volveron as vacilacións, mais esta vez non respecto ao latín senón á ortografía española da época: así houbo un forte debate sobre a representación do fonema palatal ʃ existindo unha liña etimoloxista (baixo, igreja, gente, geologia) e outra foneticista, que se impuxo por practicidade, diferencialismo do español e fundamentalmente porque non se sabía ben cal era a forma correcta de moitas palabras.
 
Ao longo do século XX este debate seguiu até que a [[Xunta de Galicia]] estabeleceu unha ortografía oficial coa declaración das [[Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego|NOMIG]] como normativa oficial. Aínda así, había algunhas variantes que diverxían das escollas das NOMIG, especialmente entre ASPG ou ó BNG, polo que en 2003 se adoptou unha modificación das NOMIG para integralas, no que se deu en chamar a ''normativa de concordia''. Porén ademais da ortografía oficial existe, aínda que de xeito minoritario, a ortografía [[reintegracionismo|reintegracionista]] propugnada pola AGAL e os partidarios do acordo ortográfico luso-brasileiro de 1945. En xaneiro de 2011, o xornal reintegracionista [[Novas de Galicia]] pasou a aplicar o [[Acordo Ortográfico de 1990]]<ref name="DDS">{{Citar web |url=http://diariodigital.sapo.pt/news.asp?section_id=9&id_news=493415&page=0 |título=Jornal galego aplica novo acordo ortográfico |obra=Diário Digital |data=10 de fevereirofebreiro de 2011 | acessodata dataacceso=12 de maio de 2015}}</ref>.
 
== Outras ortografías ==
92.815

edicións