Abrir o menú principal

Cambios

Estes usos non impedían que noutros casos se usase algún destes signos para outro son, principalmente por criterios etimolóxicos, así no mesmo texto podíase escribir ''allo'' e ''cavallo'' (cabalo). Pero o galego non chegou á [[Idade Moderna]] como lingua escrita, período no que outras linguas do contorno comezaron a adoptar unhas determinadas normas ortográficas. Cando se comezou a escribir galego de novo durante o [[Rexurdimento]] volveron as vacilacións, mais esta vez non respecto ao latín senón á ortografía española da época: así houbo un forte debate sobre a representación do fonema palatal ʃ existindo unha liña etimoloxista (baixo, igreja, gente, geologia) e outra foneticista, que se impuxo por practicidade, diferencialismo do español e fundamentalmente porque non se sabía ben cal era a forma correcta de moitas palabras.
 
Ao longo do século XX este debate seguiu até que a [[Xunta de Galicia]] estabeleceu unha ortografía oficial coa declaración das [[Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego|NOMIG]] como normativa oficial. Aínda así, había algunhas variantes que diverxían das escollas das NOMIG, especialmente entre ASPG ou ó BNG, polo que en 2003 se adoptou unha modificación das NOMIG para integralas, no que se deu en chamar a ''normativa de concordia''. Porén ademais da ortografía oficial existe, aínda que de xeito minoritario, a ortografía [[reintegracionismo|reintegracionista]] propugnada pola AGAL e os partidarios do acordo ortográfico luso-brasileiro de 19431945. En xaneiro de 2011, o xornal reintegracionista [[Novas de Galicia]] pasou a aplicar o [[Acordo Ortográfico de 1990]]<ref name="DDS">{{Citar web |url=http://diariodigital.sapo.pt/news.asp?section_id=9&id_news=493415&page=0 |título=Jornal galego aplica novo acordo ortográfico |obra=Diário Digital |data=10 de fevereiro de 2011 | acessodata =12 de maio de 2011}}</ref>.
 
== Outras ortografías ==
3

edicións