Giovanni Pico della Mirandola: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiños
Liña 7:
En [[1485]], durante a súa estadía en [[París]], leu os traballos do [[Averroes]], o filósofo e teólogo [[axarismo|axarita]] que introducira o [[Aristóteles|pensamento aristotélico]] en Occidente. Alá, ocorréuselle a idea de unificar as tradicións culturais superviventes naquela época. No ano seguinte, xa de volta a [[Italia]], con só vinte e tres anos, raptou en [[Arezzo]] a esposa de Giuliano Moriotto de Medicis, un parente dos [[Medici]]s florentinos, feito polo que foi perseguido, atacado e ferido.
 
A fins do ano [[1486]], publicou en Roma as súas ''Conclusiones philosophicae, cabalisticae et theologicae'', coñecidas como as ''900 teses''. Trátase de novecentas proposicións recollidas das máis diversas fontes culturais, tanto de filósofos e teólogos latinos coma de árabes, dos [[peripatéticos]] e dos [[Platonismo|platónicos]]. Incluíu aínda os pensadores [[Esoterismo|esotéricos]], como [[Hermes Trimegist]], e tamén os libros hebreos. A obra ía precedida dunha introdución, que titulou ''[[Discurso sobre a dignidade do home]]'', texto que se converteu nun clásico, no cal Pico formula tres dos ideais do [[Renacemento]]: o dereito inalienábelinalienable á discrepancia, o respecto polas diversidades culturais e relixiosas e, finalmente, o dereito ao medramento e o enriquecemento da vida a partir da diferencia.
 
En canto ás [[tese]]s, a súa intención era demostrar que o [[cristianismo]] era o punto de converxencia das tradicións culturais, relixiosas, filosòficas e teolóxicas máis diversas. O seu propósito era que estas novecentas conclusións se discutisen en Roma, despois da [[Epifanía]] de [[1487]], por homes doctos de todo o mundo, para inaugurar unha paz filosófica entre os cultivadores de todas as doutrinas.