Landulfo III de Benevento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxos e formato
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiños
Liña 1:
'''Landulfo III''', finado en decembro de [[968]] ou [[969]], foi [[Príncipe de Capua]] (como '''Landulfo V''') e [[Príncipe de Benevento|Benevento]] desde 959 como copríncipe co seu pai, [[Landulfo II de Benevento|Landulfo II]] e irmán [[Pandulfo Testa de Ferro]], e desde [[961]] só co seu irmán. A súa nai foi Yvantia.
== Traxectoria ==
En 961, morreu Landulfo II e Landulfo e o seu irmán convertéronse en príncipes en solitario, pero Pandulfo o vello era con moito o máis dominante. O ''[[Chronicum Salernitanum]]'' afirma a correxencia, con todo, e o principio de indivisibilidade da unión Capua-Benevento como a declarara [[Atenulfo I de Capua|Atenulfo I]] en 900, cando di ''Beneventanorum principatum eius filii Pandolfum et Landulfum bifarie regebant . . . communi indivisoque iure'', isto é, "''O principado de Benevento era rexido conxuntamente por Pandulfo e Landulfo baixo unha xurisdición común indivisíbel.indivisible''". Con todo, este sistema co tempo caeu e Pandulfo gobernou en Capua mentres Landulfo o facía en Benevento.
 
En 967, o [[Odón I, Emperador|emperador Odón I]] baixou a Roma e encargou a Pandulfo que proseguise a guerra contra o [[Imperio Bizantino]] en [[Apulia]]. Landulfo tomou parte na subsecuente campaña de 968, pero tivo que se retirar enfermo e morreu en Benevento deixando dous fillos: [[Pandulfo II de Benevento|Pandulfo]] e [[Landulfo VII de Capua|Landulfo]]. O ''Chronicum'' di que Landulfo ''tenuit principatum una cum suo germanus annos octo'', isto é, " mantivo o principado xunto co seu irmán oito anos". Pandulfo, con todo, expulsou aos seus sobriños do seu patrimonio, converteuse en príncipe único. Ambos fillos de Landulfo habíanse converter en príncipes de Benevento.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Caravale, Mario (ed). ''Dizionario Biografico degli Italiani: LXIII Labroca – Laterza''. [[Roma]], [[2004]].
]], [[2004]].
 
[[Categoría:Duques de Benevento]]
[[Categoría:Príncipes de Capua]]