Demócrito: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiños
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiños
Liña 53:
 
=== Metafísica ===
Demócrito expuxo a súa doutrina no libro ''Miakròs diákosmos'' (O pequeno sistema do mundo), que só coñecemos por referencias indirectas. A obra expresa unha concepción da natureza fundada, como a do seu mestre, nos principios do ser e do non-ser da tradición eleática. O ser ten os trazos do ser puro de [[Parménides]]: é pleno, indivisible, nin xerado nin corruptible. Pero, á diferenza do Un eleático, que ademais de ser único é inmóbil, o ser de Demócrito é infinito en canto ao número, é unha pluralidade de "átomos" innumerábeis, que difiren entre si só pola forma, e que están en continuo movemento espontáneo. A pluralidade e o movemento destes átomos débese ao non-ser, ao baleiro. En oposición expresa ao principio fundamental do pensamento eleático, o atomismo antigo, a fin de "salvar os fenómenos", sostén que "a existencia da cousa non é maior que a existencia da nada", ou tamén "Ser, non o é máis un que ningún". Cada átomo ("indivisíbelindivisible") é pleno (sen baleiro), indivisíbelindivisible debido á súa solidez. Esta indivisibilidade corpórea ten a súa correspondente "forma indivisíbelindivisible". Tales formas indivisíbeis, infinitamente variadas, móvense espontaneamente no baleiro sen resistencia do non-ser, atópanse e sepáranse, agréganse e disgregan nunha vibración eterna, de onde proveñen aqueles bulebules que xeran mundos, tamén eles infinitamente variados e distintos entre si, compostos de átomos e sen carga. Deste xeito, o movemento dos átomos no baleiro dá lugar ao nacemento e á morte dos distintos entes, sen producirse perda dos elementos reais e, ao mesmo tempo, excluíndo calquera concepción finalista.
 
=== Gnoseoloxía ===