D'arcy Wretzky: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Beninho (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{música en progreso}}
'''D'arcy Elizabeth Wretzky-Brown''' naceu o [[1 de maio]] de [[1968]] en [[Michigan]]. Foi a baixista da banda de rock [[The Smashing Pumpkins]] dende a súa formación en [[1987]] ata o ano [[1999]]. Aparte do [[baixo]] tamén sabe tocar o [[violín]] e o [[oboe]].
 
===The Smashing Pumpkins===
A banda fundárona en [[1988]] [[Billy Corgan]] e [[James Iha]]. D'Arcy coñeceu a [[Billy Corgan]] á saída dun concerto de Dan Reed Network, e despois dunha discusión entre os dous sobre a banda, Corgan, impresionado pola súa actitude, decidíu fichala como baixista de [[The Smashing Pumpkins]].
 
D'arcy saíu con [[James Iha]] entre [[1988]] e [[1991]], e a súa ruptura, no medio da xira de ''[[Gish]]'', estivo tamén a piques de desfacer o grupo. Despois de 12 anos con [[The Smashing Pumpkins]], Wretzky deixou a banda en [[1999]], depois da gravación de ''[[MACHINA/The Machines of God]]'', para intentar unha carreira como actriz. Foi substituíd por [[Melissa Auf der Maur]], e en decembro do [[2000]], [[The Smashing Pumpkins]] fixo o seu derradeiro concerto antes de separarse oficialmente.
 
O [[21 de xuño]] do [[2005]], [[Billy Corgan]] anunciou a reunión da banda, pero ata o momento non se sabe se D'arcy participará dos novos plans da banda.
 
=== Vida persoal ===
Despois de romper con [[James Iha]], casou con Kerry Brown, baterista da banda Catherine) en [[1993]], e en [[1999]] acabaron divorciándose.
 
Foi arrestada o [[25 de xaneiro]] do [[2000]] en [[Chicago]] despois de admitir que mercara tres bolsas de [[cocaína]]. Segundo a policía, axentes segredos observaron a Wretzky e a un acompañante entrar nun edificio na West Grand Avenue e pouco despois voltaron ao seu coche. O conductor, identificado como Tony Young, comezou a conducir coas luces apagadas e realizou dous xiros ilegais antes de que a policía parase os parase. Cando os rexistraron, a policía atopou droga no peto de Young. O conductor insistiu que non eran súas, e dixo que D'arcy llas dera para que as gardase. No interrogatorio ela admitiu darlle as tres bolsas de plástico. A corte de xustiza condenouna a asistir a un programa de rehabilitación que completou satisfactoriamente, e os cargos foron levantados.
 
Dende que deixou a banda, D'arcy estivo vivindo en [[Watervliet, Michigan]]. Ten unha granxa de cabalos e tres tendas de antigüidades. Un dos seus cabalos, "Jet Set Miss", foi aceptado no Arabian Horse Pilot Program en agosto do [[2000]] despois de pasar unha inspección en [[Romeo, Michigan]].
 
D'Arcy coñeceu a [[Billy Corgan]] á saída dun concerto de Dan Reed Network, e despois dunha discusión entre os dous sobre a banda Corgan decidíu fichala como baixista de [[The Smashing Pumpkins]].
{{The Smashing Pumpkins}}