Lingua xavanesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m elimino a Categoría:Xava mediante HotCat
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
Liña 17:
|iso1=jv|iso2=jav}}
[[Ficheiro:Distribution-jv.png|miniatura|300px|Extensión de idioma xavanés]]
O '''xavanés''' é a [[lingua]] que se fala principalmente nas zonas central e oriental da illa de [[Illa de Xava|Xava]], en [[Indonesia]], empregado aproximadamente por unhas 75. 500. 000 persoas. O xavanés pertence á familia [[Linguas austronesias|austronesia]]; polo tanto, está relacionado co [[bahasa indonesio]] e o [[lingua malaia|malaio]]. Moitos falantes de xavanés tamén usan bahasa indonesio como lingua oficial e de negocios.
 
O idioma xavanés pertence á subrama súndica da rama malaio-polinesia occidental, a cal á súa vez é unha rama da sub-familia malaio-polinesia da familia austronesia. É unha lingua próxima ao [[lingua malaio|malaio]], ao [[sondanés]], ao [[madurés]], ao [[lingua balinesa|balinés]] e, en menor medida, a varias linguas de [[Sumatra]] e [[Borneo]].
 
Fóra de Indonesia existen grandes comunidades de falantes de xavanés en países veciños como: Timor Oriental, Malaisia, Singapur, Australia, Taiwán e Hong Kong en China. Tamén se hai comunidades de falantes en Surinam, Nova Caledonia e Países Baixos.
 
O xavanés é falado na parte central e leste da illa de Xava, así como na costa norte de Xava Occidental. En Madura, Bali, Lombok e a rexión de Sunda é utilizado como lingua literaria. Foi a lingua da corte en Palembang, na provincia de Sumatra do Sur, até que o palacio foi saqueado polos neerlandeses a finais do século XVIII.
 
O xavanés pode ser considerado como unha das linguas clásicas do mundo, cunha vasta literatura que abrangue máis de doce séculos. Os estudosos dividen a historia da lingua xavanesa en catro etapas diferentes: