Lingua scots: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
Liña 6:
| estados = {{ESCb}} [[Escocia]]<br>[[Irlanda do Norte]]<br>{{IRLb}} [[República de Irlanda]]
| rexión = [[Europa occidental]]
| falantes = 200.000 (Ethnologue)<br>1.&nbsp;500.&nbsp;000 (GROS)
| posición = 217
| fam2 = [[Linguas xermánicas|Xermánico]]
Liña 24:
Esta lingua ten a súa orixe en dialectos do [[inglés medio]] de [[Nortumbria]]. Posúe preto dun millón e medio de falantes, e é unha lingua común na rúa, pero que carece de calquera apoio oficial: nin se aprende nas [[escola]]s nin aparece na rotulación das cidades nin apenas en libros. O escritor máis famoso en escocés é [[Robert Burns]], que empregou esta lingua tanto coma o [[lingua inglesa|inglés]] nos seus [[poema]]s. O código [[ISO 639]] do idioma é ''sco''.
 
== Nomenclatura ==
Os falantes nativos ás veces refírense á lingua como ''braid Scots''<ref>[http://www.dsl.ac.uk/dsl/getent4.php?query=braid+scots&sset=1&fset=20&printset=20&searchtype=full&dregion=entry&dtext=both SND:Scots]</ref> ou usan o dos diferentes dialectos como ''Doric'', ''Teri'' ou o ''Buchan Claik''. O termo ''Lallans'', unha variante do escocés moderno ''lawlands'', é tamén utilizado. O escocés en Ireland é coñecido en círculos oficiais como "escocés do [[Ulster]]" ou "Ullans", un recente neoloxismo que combina "Ulster" e "Lallans".
 
=== Etimoloxía ===
O nome vernáculo da lingua, ''Scots'', é unha contracción de ''Scottis'', escocés antigo,<ref>[http://www.dsl.ac.uk/dsl/getent4.php?plen=46309&startset=34713072&query=SCOTS&fhit=Scots&dregion=form&dtext=snd#fhit SND: Scots]</ref> e da forma meridional do [[inglés antigo]] tardío ''Scottisc'' (en [[lingua inglesa|inglés moderno]]: ''Scottish''), que substituíu á temperán forma [[umlaut|i-mutada]] ''Scyttisc''. Antes do [[século XV]] a fala inglesa en Escocia era coñecida como "English" (escrita ''Ynglis'' ou ''Inglis'' daquelas), así o termo "Scottish" (escrito ''Scottis'') referíase ao [[gaélico]].
 
A comezos do [[século XV]],<ref>''Companion to the Oxford English Dictionary'', Tom McArthur, Oxford University Press, 1994</ref><ref>''The Stewart Kingdom of Scotland 1371 - 1603'', Caroline Bingham, 1974</ref> o inglés de escocia converteuse nunha lingua sensiblemente distinta, aínda que carecendo dun nome que a distinguise claramente do inglés do sur da [[Bretaña]]. Dende o ano [[1495]] o verba ''Scottis'' foi gañando uso gradualmente para referirse á lingua das [[Terras Baixas Escocesas|Terras Baixas escocesas]] e ''Erse'', [[lingua irlandesa|irlandés]], para o gaélico. Por exemplo, antes da fin do [[século XV]] [[William Dunbar]] usaba ''Erse'' para referirse ao gaélico e a comezos do [[século XVI]] [[Gavin Douglas]] uso o nome ''Scottis'' como nome para a [[lingua xermánica]]. Hoxe a [[linguas celtas|lingua celta de Escocia]] é chamada habitualmente [[gaélico escocés]].
 
== Dialectos ==