Las Vegas, Nevada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
Liña 38:
|sitio web = [http://www.lasvegasnevada.gov/ Páxina oficial de Las Vegas]
}}
'''Las Vegas''' é a maior das cidades do estado de [[Nevada]] nos [[Estados Unidos de América]], así como a maior cidade fundada no século XX. Converteuse nun dos principais destinos turísticos do país grazas ás súas zonas comerciais e vacacionais, pero sobre todo grazas ós seus casinos. De acordo co censo de [[2000]] a cidade tiña unha poboación de 478.434 habitantes. A oficina do censo estima unha poboación de 518.313 habitantes en 2003. Las Vegas foi a capital do condado de Clark desde o nacemento deste en 1909. Estudos recentes (ano [[2005]]) cifran a poboación do área metropolitana en torno a 1. 950. 000 persoas. Calcúlase que é habitual que haxa en torno á mesma cifra de turistas durante a tempada de vacacións que de habitantes: xa sexa por viaxes de estadounidenses que van pasar un fin de semana ou polo turismo mundial.
 
O nome de Las Vegas aplícase frecuentemente ás áreas do condado de Clark que rodean a cidade, especialmente as áreas residenciais situadas dentro ou preto de Las Vegas Strip. A maior parte dos 7,25 quilómetros de Las Vegas Boulevard están situados fóra dos límites da cidade de Las Vegas, concretamente na area do condado chamado Paradise. Las Vegas é coñecida en ocasións como a "Cidade do pecado" (en [[lingua inglesa|inglés]]: ''Sin City'') debido á popularidade do xogo e apostas legais, a dispoñibilidade de bebidas alcohólicas a calquera hora do día (como en toda Nevada), ou a legalidade da prostitución nos condados veciños (as leis de Nevada prohiben a prostitución nos condados de máis de 400.000 habitantes). O goberno local e os promotores turísticos da cidade prefiren o alcume de "o que pasou en Las Vegas, quedou en Las Vegas". A imaxe glamurosa da cidade fíxoa escenario de diversas películas e series televisivas.
Liña 59:
Fixéronse moitos esforzos por parte dos dirixentes da cidade para diversificar a economía de Las Vegas, tentando atraer empresas de manufacturas, bancos e outras actividades comerciais. A ausencia de imposto sobre a renda tanto individual como corporativo e os sinxelos trámites burocráticos necesarios para crear unha corporación fomentaron o éxito dos esforzos realizados.
 
O desenvolver relativamente tarde un núcleo urbano ha feito que Las Vegas manteña un prezo bastante alcanzable dos inmobles en comparación cos núcleos urbanos próximos. Como consecuencia a cidade experimentou recentemente un ''boom'' tanto en poboación como en turismo. Deste xeito en [[2001]] a área metropolitana de Las Vegas foi o centro de poboación de maior crecemento en todos os Estados Unidos. A poboación incorporada a Las Vegas foi de 478.434 persoas. A área metropolitana de ''Las Vegas Valley'' é o fogar de 1. 583. 172 residentes segundo a estimación do condado en 2003.
[[Ficheiro:LasVegas-Casino.jpg|dereita|miniatura|225px|Interior dun casino.]]
Como reflexo do rápido crecemento da poboación atópase a construción a principios dos 90 do novo [[Chinatown|Barrio Chinés]] (''Chinatown'' en inglés) en ''Spring Mountain Road''. Inicialmente consistía unicamente nun enorme complexo comercial, aínda que recentemente a área ampliouse con novos centros comerciais.
Liña 261:
* O [[Caesars Palace]]: con aparencia de templo romano estirado até ser convertido nun rañaceos. O interior parece un paseo polo antigo Imperio e obsérvanse máquinas con aspecto romano e espectáculos de robots, lume, auga e luces que semellan loitas entre deuses. Actualmente é un dos grandes puntos turísticos da cidade debido ao show [[Cher At The Colosseum]] no que a cantante [[Cher (cantante)|Cher]] actúa catro días á semana desde o [[6 de maio]] de [[2008]], no coliseo do hotel que foi construído para [[Céline Dion]] no seu show "A New Day...". Tamén o británico [[Elton John]] actúa esporadicamente co seu show "The Rede Piano".
 
* O [[Excalibur Hotel and Casino|Excalibur Hotel e Casino]]: Con aspecto de castelo e temática medieval/Camelot.
 
* O [[Stratosphere]]: con aparencia de torre de control de aeroporto e unha lanzadeira e dúas montañas rusas na súa cúspide.
Liña 303:
== Véxase tamén ==
{{commons|Las Vegas|Las Vegas}}
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.lasvegasnevada.gov/ Web oficial de Las Vegas]
* [http://www.hotelesylugares.com/ Hoteis en Las Vegas]