Joan Jett: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiño
Liña 30:
Foi nesa época cando Jett, considerada unha figura na escena [[punk rock]], produciu o único álbum de [[The Germs]]. Esta gravación é considerada o equivalente estadounidense do ''Never Mind The Bollocks'' dos [[Sex Pistols]].
 
Na primavera de [[1979]], Joan foi a [[Inglaterra]] para comezar unha carreira en solitario. Mentres estivo alí, fixo tres temas cos ex-[[Sex Pistols]] Paul Cook e Steve Jones (unha delas era unha versión tempranatemperá de "I Love Rock N' Roll"). De volta aos [[Os Ánxeles|Ánxeles]], Joan comezou a rodar unha película baseada en [[The Runaways]] chamada ''We're All Crazee Now!''. A película nunca foi editada, pero durante a realización do proxecto Joan coñeceu ao compositor e produtor Kenny Laguna. Fixéronse bos amigos e decidiron traballar xuntos.
 
Jett e Laguna entraron nos estudios The Who’s Ramport Studios para gravar o debut en solitarios da primeira. O disco ''Joan Jett'' foi editado en [[Europa]], pero nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] nada menos que 23 grandes selos rexeitaron o disco. Jett e Laguna editárono independentemente no seu propio selo Blackheart Records. Deste xeito, Jett convertíuse na primeira intérprete feminina en crear o seu propio selo discográfico.