Mumia Abu-Jamal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiño
Liña 38:
=== As probas ===
 
Malia as contradicións das testemuñas, o que máis danou a Abu-Jamal foron as probas forenses. O revólver de calibre 38 que mercara para defenderse como taxista en 1979 foi atopado na escena do crime, pertopreto de Abu-Jamal e contendo cinco fundas de bala. Os expertos en [[balística]] nunca fixeron probas para ver se a arma fora disparada recentemente. Ademais, o responsábel da autopsia de Faulkner, o doutor Paul Hoyer, fixo constar nas súas notas que a bala extraída era do calibre 44. Máis tarde el testemuñou que estaba a facer un exame superficial baseado en observacións, e que el non era experto en [[arma]]s de fogo, nin tiña formación en balística. Tamén dixo que os comentarios sobre o calibre da bala pertencían ás súas notas persoais e que nunca pretendeu empregalas como parte do informe oficial. As probas oficias de balística feitas na bala verificaron que Faulkner fora asasinado por unha bala do calibre 38, cunhas características que coincidían coa munición que se atopaba na pistola de Jamal. Ao mesmo tempo as probas de balística demostraron tamén que a bala que se lle extraera a Abu-Jamal fora disparada pola arma de servizo do oficial Daniel Faulkner.
 
=== O xuízo ===