Constantin Brâncoveanu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
 
== Política ==
O príncipe empezou a negociar alianzas anti-otomanasotomás, nun principio coa [[Casa de Hasburgo]], e despois coa [[Rusia]] de [[Pedro I de Rusia|Pedro I]]. Trala intervención en [[1710]] dos rusos en [[Moldavia]], o príncipe contactou co [[tsar]] e aceptou os seus regalos, mentres a súa rivalidade co príncipe moldavo [[Dimitrie Cantemir]] (o principal aliado rexional dos rusos) evitou unha medida política máis drástica. En lugar diso, Brâncoveanu agrupou tropas valacas en [[Urlaţi]], preto da fronteira moldava, esperando que tropas rusas entrasen no seu país para ofrecer os seus servizos ao tsar, e tamén preparándose para a contra-ofensiva otomanaotomá en caso dun cambio de fortunas. Cando varios dos seus boiardos fuxiron cara ao campamento ruso, o príncipe viuse obrigado a elixir en favor dos otomanosotománs ou arriscar ser inimigo do Imperio Otomán, así que devolveu axiña os regalos que recibira dos rusos.
 
Accións como estas foron denunciadas ao sultán. Brâncoveanu foi deposto do seu trono polo sultán [[Ahmed III]], e traído en arresto até [[Estambul]], sendo encarcerado en [[1714]] na fortaleza de Yedikule. Foi torturado polos otomanosotománs, que agardaban descubrir o paradoiro da súa suposta fortuna. El e os seus catro fillos foron decapitados en agosto xunto co leal tesoureiro, Enache Văcărescu.
 
As súas cabezas foron levadas sobre paus polas rúas de Estambul, o que provocou inquedanza na cidade. Temendo unha rebelión, mesmo por parte dos [[Islam|musulmáns]] indignados da inxustiza cometida contra o príncipe e os seus achegados, ordenouse botar os corpos no [[Bósforo]]. Pescadores [[Cristianismo|cristiáns]] recolleron os corpos e os enterraron no Mosteiro Halchi, preto de Estambul.
Liña 15:
Foi un gran mecenas da cultura. Durante o seu reinado imprimíronse en [[Bucarest]] moitos textos [[lingua romanesa|romaneses]], [[lingua grega|gregos]], [[lingua eslava|eslavos]], [[lingua árabe|árabes]], [[lingua turca|turcos]] e [[lingua xeorxiana|xeorxianos]], trala instalación dunha imprenta supervisada por [[Antim Ivireanul]]. Durante o seu reinado apareceu en Valaquia o estilo arquitectónico Brâncovenesc, coma síntese das arquitecturas [[Renacemento|renacentistas]] e [[Imperio bizantino|bizantinas]].
 
Empresas culturais coma estas baseáronse no aumento dos impostos, crecemento determinado tamén pola presión fiscal dos otomanosotománs.
 
== Legado ==
A intriga que marcou o ascenso de Constantin e o seu reinado, está reflectida nas crónicas do seu tempo, divididas segundo o punto de vista ideolóxico: Mentres ''Letopiseţul Cantacuzinesc'' e ''Cronica Bălenilor'' amosan o retrato oficial do reinado de Brâncoveanu, [[Radu Popescu]] está en contra da política dos donos da [[Casa Cantacuzino]]. A ''Historia Hieroglyphica'' de [[Dimitrie Cantemir]] céntrase no conflito e reflicte a preferencia de Cantemir por [[Constantin Cantacuzino]], logo de se convertiren en familiares logo do matrimonio de Dimitrie Cantemir.
 
O breve reinado de [[Ştefan Cantacuzino]] viu o declive final dos Cantacuzino; el e mailo seu pai foron executados polos [[Imperio Otomán|otomanosotománs]], que viron como a solución para o risco dunha alianza [[Valaquia|valaco]]-[[Rusia|rusa]] a imposición do ríxido sistema dirixente [[fanariotas|fanariota]], inaugurado en [[Valaquia]] por [[Nicholas Mavrocordatos]], quen, polo seu anterior reinado en Moldavia, é considerado tamén o primeiro líder fanariota dese país.
 
Pola súa morte [[traxedia|tráxica]], Constantin Brâncoveanu chegou a ser o heroe de varias [[balada]]s populares romanesas, e foi tamén representado nalgunhas [[moeda]]s de [[Romanía]]. Segundo a [[Igrexa Ortodoxa Romanesa]], o motivo para a súa execución e mailoa dos seus fillos foi o rexeitamento a renunciar á [[fe cristiana]] e a se converter ao [[Islam]]. En [[1992]] a Igrexa declarouno a el, aos seus fillos e a Enache Văcărescu, [[santo]]s e [[mártir]]es (''Sfinţii Martiri Binecredinciosul Voievod Constantin Brâncoveanu, împreună cu fiii săi Constantin, Ştefan, Radu, Matei şi sfetnicul Ianache''). O día do calendario relixioso para eles é o [[16 de agosto]].