Diferenzas entre revisións de «Máquina de vapor»

Unha lenda do século XIX realizada sobre malentendidos que xa se aclarou no propio s. XIX http://www.alpoma.net/tecob/?p=2448
(Unha lenda do século XIX realizada sobre malentendidos que xa se aclarou no propio s. XIX http://www.alpoma.net/tecob/?p=2448)
 
Non se sabe a ciencia certa se aquelas invencións non pasaron de ser meros xoguetes e inda que se supuxo que foron empregadas para mover obxectos nos templos durante os rituais non deixa de sorprender o feito de que dende os tempos de Herón non se encontrasen evidencias de que o vapor se utilizase cun propósito práctico, inda que o coñecemento do poder do vapor non chegase a perderse como demostra a descrición de Malmesbury do órgano de Reims que en [[1120]] se facía soar polo aire que escapaba dun depósito no que era comprimido por ''auga quentada''.
 
En 1825 o superintendente do [[Arquivo de Simancas]] descubriu unha publicación de 1695 que relataba que en [[1543]] [[Blasco de Garay]], oficial da mariña española, no reinado de [[Carlos I de España]], intentou impulsar un barco con rodas de palas movidas por unha máquina de vapor. Do suposto motor non se teñen datos pero se fose certo o intento sería a primeira vez que unha máquina de vapor se utilizase cun propósito práctico.
 
En [[1601]], [[Giovanni Battista dola Porta]] describe un aparato para elevar a auga por medio do lume similar ó descrito por Herón pero empregando vapor de auga para impulsar o líquido e en [[1615]] [[Salomón de Caus]] describe un aparato similar para facer funcionar unha fonte.
32.982

edicións