Máquina de vapor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Liña 24:
O común denominador de todos estes intentos é un tubo mergullado ata practicamente o fondo do recipiente de auga por onde esta ascende ó incrementarse a presión na superficie libre do líquido, traballos directamente relacionados cos estudios teóricos de [[Galileo Galilei|Galileo]], [[Evanxelista Torricelli|Torricelli]], [[Blaise Pascal|Pascal]] e [[Otto von Guericke|Von Guericke]] sobre a [[presión atmosférica]] que conduciron a mediados do século XVII ó abandono da teoría do ''horror vacui''.
 
A [[Thomas Savery]] débese a primeira máquina que funcionou con éxito<ref>Lira, Carl T. (21 May 2013). "[http://www.egr.msu.edu/~lira/supp/steam/savery.htm The Savery Pump]". Introductory Chemical Engineering Thermodynamics. Michigan State University.</ref>, e que patentou en [[1698]], a máquina de Savery introduciuse nas minas inglesas de forma moi limitada polo risco de explosión debido a un incremento incontrolado da presión na máquina. [[John Théophile Desaguliers|Desaguliers]] relata que un traballador ignorante da natureza da máquina á que el engadira unha válvula de seguridade inventada anos antes por [[Denis Papin]] «...colgou o peso no extremo da romana para obter máis vapor e traballar máis a présa e engadiu amais un ferro moi pesado con consecuencias fatais, o vapor non foi capaz de levantar semellante contrapeso e acumulándose no interior da caldeira provocou unha grande explosión que acabou coa vida do pobre home.» Probablemente sexa este o primeiro «[[accidente laboral]]» do que se ten constancia.
 
A diferenza dos dispositivos anteriores nos que o vapor actúa sobre a propia superficie libre da auga para impulsala [[Christiaan Huygens|Huygens]] deseña en 1680 un aparato de pistón no cal o fluído é o aire quente producido nunha explosión que ó arrefriarse e contraerse arrastra o émbolo elevando un peso. Anos máis tarde Papin (1690) substitúe o aire por vapor de auga e incluso nunha modificación posterior (1695) deseña un forno e xerador de vapor de grande eficiencia co que logra importantes aforros de combustible e ata catro golpes do pistón por minuto. Sen sabelo Papin encontrábase moi cerca de desenvolver a máquina de vapor, así a todo, Leibniz en 1705 lle fai chegar un debuxo da máquina de Savery e dous anos máis tarde deseña un novo tipo de máquina para elevar a auga, modificación da de Savery, na cal abandona o modo de Huygens o que supuxo un evidente retroceso.