Diferenzas entre revisións de «Máquina de vapor»

Hai decadas que o de Somerset está totalmente desacreditado: Richard Shelton Kirby "Engineering in History" p. 156
Sem resumo de edição
(Hai decadas que o de Somerset está totalmente desacreditado: Richard Shelton Kirby "Engineering in History" p. 156)
O común denominador de todos estes intentos é un tubo mergullado ata practicamente o fondo do recipiente de auga por onde esta ascende ó incrementarse a presión na superficie libre do líquido, traballos directamente relacionados cos estudios teóricos de [[Galileo Galilei|Galileo]], [[Evanxelista Torricelli|Torricelli]], [[Blaise Pascal|Pascal]] e [[Otto von Guericke|Von Guericke]] sobre a [[presión atmosférica]] que conduciron a mediados do século XVII ó abandono da teoría do ''horror vacui''.
 
A pesar[[Thomas deSavery]] tododébese a primeira máquina que funcionou con éxito<ref>Lira, Carl T. (21 May 2013). "[http://www.egr.msu.edu/~lira/supp/steam/savery.htm The Savery Pump]". Introductory Chemical Engineering Thermodynamics. Michigan State University.</ref>, e que patentou en [[1698], a máquina de Savery introduciuse nas minas inglesas de forma moi limitada polo risco de explosión debido a un incremento incontrolado da presión na máquina. [[John Théophile Desaguliers|Desaguliers]] relata que un traballador ignorante da natureza da máquina á que el engadira unha válvula de seguridade inventada anos antes por [[Denis Papin]] «...colgou o peso no extremo da romana para obter máis vapor e traballar máis a présa e engadiu amais un ferro moi pesado con consecuencias fatais, o vapor non foi capaz de levantar semellante contrapeso e acumulándose no interior da caldeira provocou unha grande explosión que acabou coa vida do pobre home.» Probablemente sexa este o primeiro «[[accidente laboral]]» do que se ten constancia.
A primeira máquina foi inventada por [[Eduard Somerset]], segundo marqués de Worcester, en 1663 e pola súa descrición é moi similar, conceptualmente, á fonte de Caus, se ben da máquina de Somerset se construíu en Vauxhall (cerca de Londres) no castelo Rawlan en torno a 1665 co propósito de elevar a auga ós pisos superiores da construción. Coas especificacións técnicas escritas e as pegadas deixadas nos muros do castelo [[Henry Dircks|Dircks]] &mdash;biógrafo de Somerset&mdash; puido reconstruír a máquina construída en Vauxhall.
 
Así a todo, Somerset non puido atraer os capitais necesarios para producir e vender a súa máquina e morreu na pobreza. Este é posiblemente o feito de que se atribuíse a [[Thomas Savery]] a invención da máquina de Somerset sobre a que obtivo unha patente en [[1698]] e coñecendo segundo afirman varios autores os traballos do seu predecesor e no que influíu sen dúbida o proselitismo realizado por Savery quen non deixou pasar ocasión para mostrar a súa máquina. Entrambos hai que mencionar a Samuel Morland, Mestre Mecánico na corte de [[Carlos II de Inglaterra]] e residente en Vauxhall que construíu e patentou máquinas diversas, entre elas versións melloradas da de Somerset suxerindo [[Charles Hutton|Hutton]] que en realidade Savery puido ter un maior coñecemento dos traballos de Morland que os do propio Somerset.
 
A pesar de todo, a máquina de Savery introduciuse nas minas inglesas de forma moi limitada polo risco de explosión debido a un incremento incontrolado da presión na máquina. [[John Théophile Desaguliers|Desaguliers]] relata que un traballador ignorante da natureza da máquina á que el engadira unha válvula de seguridade inventada anos antes por [[Denis Papin]] «...colgou o peso no extremo da romana para obter máis vapor e traballar máis a présa e engadiu amais un ferro moi pesado con consecuencias fatais, o vapor non foi capaz de levantar semellante contrapeso e acumulándose no interior da caldeira provocou unha grande explosión que acabou coa vida do pobre home.» Probablemente sexa este o primeiro «[[accidente laboral]]» do que se ten constancia.
 
A diferenza dos dispositivos anteriores nos que o vapor actúa sobre a propia superficie libre da auga para impulsala [[Christiaan Huygens|Huygens]] deseña en 1680 un aparato de pistón no cal o fluído é o aire quente producido nunha explosión que ó arrefriarse e contraerse arrastra o émbolo elevando un peso. Anos máis tarde Papin (1690) substitúe o aire por vapor de auga e incluso nunha modificación posterior (1695) deseña un forno e xerador de vapor de grande eficiencia co que logra importantes aforros de combustible e ata catro golpes do pistón por minuto. Sen sabelo Papin encontrábase moi cerca de desenvolver a máquina de vapor, así a todo, Leibniz en 1705 lle fai chegar un debuxo da máquina de Savery e dous anos máis tarde deseña un novo tipo de máquina para elevar a auga, modificación da de Savery, na cal abandona o modo de Huygens o que supuxo un evidente retroceso.
32.982

edicións