Eugenio Montes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiño
Liña 12:
A principios da década de 1930, decide dedicarse exclusivamente ao [[xornalismo]], e foi correspondente dos xornais ''[[ABC (xornal)|ABC]]'' e ''[[El Debate]]'' en varias capitais europeas durante os anos 30.
 
Durante a [[Segunda República Española|Segunda República]], a súa relación con [[Rafael Sánchez Mazas]] e [[José Antonio Primo de Rivera]] levouno a colaborar cos seus artigos na revista monárquica ''[[Acción Española]]'', inspirada no tradicionalismo católico español, o integrismo lusitano e as ideas nacionalistas de [[Charles Maurras]]. En 1933 foi un dos fundadores de [[Falange Española]], aínda que as súas ideas políticas estaban máis pertopreto do tradicionalismo monárquico que do [[fascismo]]. Acompañou a José Antonio Primo de Rivera nas súas viaxes á [[Alemaña]] e á [[Italia]] fascistas (1934-1935). Colaborou con artigos e conferencias á difusión da ideoloxía falanxista, que diagnosticaba unha crítica feroz contra o liberalismo político, tanto con anterioridade á [[guerra civil española|guerra]] como durante a mesma.
 
Despois da guerra, Montes continuou exercendo como xornalista, sendo correspondente dos xornais ''ABC'' e ''[[Arriba]]''. Tamén realizou frecuentes xiras por Hispanoamérica como conferenciante. Publicou varios libros de artigos e ensaios breves: ''El viajero y su sombra'' (1940), ''Federico II de Sicilia y Alfonso X de Castilla'' (1943), ''Elegías europeas'' (1949), ''La estrella y la estela'' (1953) e ''Discurso a la catolicidad española'' (1954).