William Blake: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiño
Liña 10:
Un primeiro [[opúsculo]], ''Poetical Sketches'' (1783) (Esbozos poéticos), contén as súas poesías compostas entre os doce e vinte anos de idade. Demasiado pobre para afrontar os gastos de imprensa das súas obras, fíxose o seu propio editor. Publicou así os ''Songs of Innocence'' (Cantos de Inocencia), ornamentados cos propios deseños (1799), obra singular, que acadou éxito, o que o animou para publicar do mesmo modo e sucesivamente: ''Books of Prophecy'' (1791) (Libros de profecía); ''Gates of Paradise'' (1793) (As portas do Paraíso) ; ''America, a prophecy'' (1793) (América, unha profecía); ''Europe, a prophecy'' (1794) (Europa, unha profecía); ''Songs of Experience'' (1794) (Cantos de experiencia). Ao mesmo tempo, puido mostrar, en varias exposicións da Academia Real, as súas pinturas alegóricas, históricas e relixiosas. Publicou ''The Marriage of Heaven and Hell'' (1790) (O matrimonio do Ceo e o Inferno), [[sátira]] de "Heaven and Hell" de [[Emmanuel Swedenborg]].
 
En 1797 emprende unha edición ilustrada das "Noites" de Young, que deixou inacabada, pois marchou a vivir en [[Felpham]], pertopreto do poeta [[William Hayley|Hayley]], para quen realizou deseños e pintou algúns retratos. Ao cabo de tres anos volveu para Londres.
 
Os seus cuarenta deseños gravados por Schiavonetti para unha edición do poema de [[Robert Blair]]: [[The Grave]] (1808) (A tumba), foron moi admirados, como a súa grande estampa a "Peregrinación a Canterbury" (1809), chea de carácter. Mentres, continuaba compondo, ilustrando e imprentando estraños poemas: ''Xerusalén, emanación do xigante Albion'', ''Milton, un poema'' (1804), ''Xob'' (1826) etc. O máis orixinal é ''Xob'', con gravuras máis definidas.