ACUDE: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Apartado "Eleccións municipais de 2015"
Liña 14:
 
Igualmente, búscase a descentralización das diferentes zonas ou [[Parroquia civil|parroquias]].
 
== Eleccións municipais de 2015 ==
Se ben ACUDE naceu coa intención de participar nas eleccións municipais de 2015, finalmente os integrantes do colectivo decidiron retirar a candidatura.
 
A partir de finais de [[xaneiro]] de 2015, integrantes da Asociación Círculo [[Podemos (España)|Podemos]] de [[Culleredo]] comezaron a colaborar con ACUDE e, froito desta circunstancia, xurdiu a vontade de concorreren ambas as formacións nunha candidatura común, iniciativa que comezou a tomar forma durante os últimos días de [[febreiro]]. No entanto, graves incidentes provocaron a ruptura da alianza a principios de [[abril]]<ref>{{Cita web|url = http://xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=101649|autor = |título = ACUDE rompe coa asociación de Podemos en Culleredo|dataacceso = }}</ref>
 
Poucos días despois de ser anunciada esta ruptura, diversos medios de comunicación publicaban a existencia dunha rolda de negociacións entre a [[Asemblea Cidadá de Cambre]], a [[Asemblea Cidadá de Carral]], [[Alternativa dos Veciños]] de [[Oleiros]] e ACUDE (tamén se citaba á [[Marea Veciñal de Culleredo]])<ref>{{Cita web|url = http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2015/04/10/marea-dice-alternativa-asambleas-apostar/945009.html|autor = Artigo en La Opinión|título = |dataacceso = }}</ref><ref>{{Cita web|url = http://www.elentornometropolitano.com/candidaturas|autor = Artigo en El Entorno Metropolitano|título = |dataacceso = }}</ref> destinadas á consecución dun hipotético pacto de cara a obter deputados provinciais na [[Deputación da Coruña]]. Porén, ACUDE desmentiu esta información<ref>{{Cita web|url = http://www.galiciaconfidencial.com/nova/23606-acude-culleredo-participou-conversas-pactos-cara-deputacion|autor = Artigo en Galicia Confidencial|título = |dataacceso = }}</ref>.
 
Por outra banda, debido a un erro de tramitación, ACUDE ve imposibilitada a opción de concorrer ás municipais como coalición e, por iso, opta por presentarse como [[Piratas de Galicia]]<ref>{{Cita web|url = http://www.blogoteca.com/acude/index.php?cod=135703|autor = Comunicado de ACUDE|título = |dataacceso = }}</ref>. Non obstante, na Xunta Electoral Central non constaba como tal o representante desta formación, de modo que, para evitar problemas de última hora, a candidatura inscríbese como [[Partido da Terra|Partido da Terra-Terra de Culleredo]]<ref>{{Cita web|url = http://www.blogoteca.com/acude/index.php?cod=135816|autor = Comunicado de ACUDE|título = |dataacceso = }}</ref>.
 
No entanto, tratábase da única candidatura incompleta en [[Culleredo]] e, alén diso, a oposición comezou a difundir rumores respecto a un suposto afán nepotista, pois colaboraban no proxecto tres persoas que eran irmás e outras dúas que gardaban entre si o mesmo grado de parentesco. Se ben ACUDE nunca considerou inmoral esta circunstancia, decidiu retirar a candidatura para evitar que se levantasen suspicacias e animou (sen éxito) a todas as outras candidaturas que presentaban parentes nas listas (polo xeral, parellas sentimentais e primos) a que seguisen o mesmo camiño. Así o expresan nun comunicado, no cal se comprometen a seguir traballando por Culleredo malia non estaren presentes nas urnas<ref>{{Cita web|url = http://www.blogoteca.com/acude/index.php?cod=135931|autor = Comunicado de ACUDE|título = |dataacceso = }}</ref>.
 
== Notas ==