Southern blot: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 33:
 
A hibridación da sonda a un fragmento de ADN específico na membrana filtro indica que este fragmento contén unha secuencia de ADN que é [[complementariedade (bioloxía molecular)|complementaria]] da sonda.
O paso de transferencia do ADN desde o xel de [[electroforese]] a unha membrana permite unir doadamente a sonda de hibridación etiquetada ao ADN fraccionado por tamaños. Tamén permite a fixación dos híbridos diana-sonda, necesarios para a análise por [[autorradiografía]] ou outros métodos de detección.
Os Southern blots realizados con ADN xenómico dixerido con encimas de restrición poden usarse para determinar o número de secuencias (por exemplo, copias de xenes) nun [[xenoma]]. Unha sonda que se hibrida só a un só segmento de ADN que non foi cortado polo encima de restrición producirá unha soa banda no Southern blot, mentres que probablemente se observarán múltiples bandas cando a sonda se hibrida con varias secuencias altamente similares (por exemplo, as que se poden orixinar por duplicacións de secuencias). Pode utilizarse a modificación das condicións de hibridación (por exemplo, incrementando a temperatura de hibridación ou a diminución da concentración de sal) para aumentar a especificidade e diminuír a hibridación da sonda a secuencias que son similares en menos do 100%.