Audrey Hepburn: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiño
Liña 123:
 
=== Matrimonios, familia e últimos papeis ===
[[Ficheiro:Audrey Hepburn War&Peace.jpg|250px|miniatura|esquerda|Audrey Hepburn e Mel Ferrer en ''War and Peace'' (en galego ''Guerra e paz'').]]
Hepburn estivo casada en dúas ocasións, a primeira co actor [[Mel Ferrer]], co que tivo un fillo, Sean, que actualmente xestiona a fundación ''Audrey Hepburn Childhood'', e a segunda con Andrea Dotti, un médico italiano con quen tivo o seu segundo fillo, Luca. O padrino de Sean é o autor escocés, [[A. J. Cronin]]. Audrey confesou que o fracaso destes dous matrimonios fíxolle sufrir moito. Nos últimos anos estivo unida a Robert Wolders, un holandés co que compartían labores humanitarios e o seu gusto por cousas sinxelas.
 
Liña 129:
 
A súa última aparición no cine produciuse en [[1989]], desde entón e ata a súa morte en 1993, Audrey colaborou activamente con [[UNICEF]], converténdose en embaixadora de boa vontade. Audrey entrou na historia como unha das maiores estrelas de Hollywood.
 
=== Traballo para UNICEF ===
Unha das cousas que máis destacaron nos seus últimos anos foi a dedicación, por enriba da súa saúde, ás causas do [[SIDA]] ou a [[malnutrición]] dos nenos en todo o mundo. En [[1992]], tres meses antes da súa morte e xa desafiuzada, Audrey fixo a súa última viaxe a [[Somalia]], un acto que sempre foi moi agradecido por [[UNICEF]] e que engrandecía aínda máis a súa xa sinxela e humana forma de entender a vida. A través desta organización, Hepburn dedicou o resto da súa vida a axudar aos nenos necesitados nos países máis pobres. En UNICEF aínda recordan a súa dedicación e entrega á causa, que databa dende o ano [[1955]] e que, pouco a pouco, foi gañando peso na súa vida. Cabe destacar a súa estatua na sede UNICEF de Nova York, inaugurada no ano [[2000]].