Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
 
== Etimoloxía ==
A palabra cardinal derívase do nome latino «''cardo''», que identificaba, nas cidades romanas, á rúa trazada de Norte a Sur e que pasaba polo centro da cidade. Isto significa que o único punto verdadeiramente cardinal, polo menos desde o punto de vista etimolóxico, debería ser o Norte e en menor grao, o Sur. Por iso úsase a expresión «dunha importancia cardinal» cando se quere resaltar esa importancia. Dos puntos cardinais, é o Norte o que identifica a dirección da orientación polo que adoita dicirse en sentido figurado que unha persoa perdeu o seu norte cando se atopa desorientada ou perdeu o seu rumbo. Con todo, esta idea resulta case paradoxal, no sentido de que para orientarse, as persoas situamos primeiro o Leste ou o Oeste ou o Sur no hemisferio norte en horas do mediodía, mentres que o Norte non resulta tan evidente (salvo no hemisferio sur tamén en horas do mediodía). De feito, o Leste tamén recibe o nome de Oriente porque a saída do sol polo Leste serviu tradicionalmente para [[Orientación|orientarnos]] nun lugar determinado.
 
Coñécense tamén os puntos cardinais como as catro direccións ou puntos principais da [[Compás (navegación)|compás]], que son:
188.458

edicións