Fotosíntese: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-\|[ ]*[Uu]bicaci[oó]n[ ]*= +|lugar=)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
A '''fotosíntese''' (do [[grego antigo|grego]] φώτο ''foto'', "luz" e σύνθεσις ''synthesis'', "composición") é o proceso no que as [[planta]]s, [[cianobacteria]]s, [[protófita]]s e algas macroscópicas, todas elas seres [[autótrofo]]s, transforman enerxía luminosa en enerxía química procesando o [[dióxido de carbono]] (CO<sub>2</sub>), [[auga]] (H<sub>2</sub>O) e minerais en compostos orgánicos e [[Osíxeno molecular|osíxeno]] gasoso (O<sub>2</sub>)<ref>{{Cita libro |autor=Smith, A. L. |título=Oxford dictionary of biochemistry and molecular biology |publicación=Oxford University Press |lugar=Oxford [Oxfordshire] |ano=1997 |páxinas=508 |isbn=0-19-854768-4 |cita=Photosynthesis - the synthesis by organisms of organic chemical compounds, esp. carbohydrates, from carbon dioxide using energy obtained from light rather than the oxidation of chemical compounds.}}</ref>.
 
A través do proceso aqueles producen o seu propio [[alimento]], constituído esencialmente por [[carbohidrato|azucres]], como a [[glicosa]] (C<sub>6</sub>H<sub>12</sub>O<sub>6</sub>), de onde obteñen enerxía e carbono, aínda que tamén necesitan elementos químicos procedentes de sales minerais absorbidos polas raíces. Coa fotosíntese iníciase toda a [[cadea trófica]]. Sen esta, os animais e os outros seres [[heterótrofo|heterotróficos]] serían incapaces de sobrevivir, pois a base da súa alimentación estará sempre nas [[materia orgánica|substancias orgánicas]] proporcionadas polas plantas verdes.
 
== A relación da cor verde das plantas coa luz ==