Streptococcus pneumoniae: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
m Bot: Substitución automática de texto (-\|[ ]*[Aa]ño[ ]*= +|ano=)
Liña 18:
}}
 
O '''''Streptococcus pneumoniae''''' ou '''pneumococo''', é unha [[bacteria]] patóxena causante de diversas infeccións e procesos invasivos graves en humanos. Trátase dunha bacteria [[Gram positiva]] de 1,2-1,8 [[micron|µm]] de lonxitude, de forma oval co extremo lanceolado. É inmóbil, non forma endosporas, e é un membro [[Streptococcus#Patoxenia e clasificación|alfa]]-[[Hemólise (microbioloxía)|hemolítico]] do [[xénero (bioloxía)|xénero]] ''[[Streptococcus]]''.<ref name=Sherris>{{cita libro|autor=Ryan KJ; Ray CG (editors)|título=Sherris Medical Microbiology 4th ed.|editorial=McGraw Hill|añoano=2004|id=ISBN 0-8385-8529-9}}</ref> Xeralmente, preséntase en forma de [[diplococo]], polo que inicialmente foi denominado ''Diplococcus pneumoniae'', aínda que existen algúns factores que poden inducir a formación de cadeas. O pneumococo é un [[patóxeno]] case exclusivamente humano causante dun grande número de infeccións ([[pneumonía]], [[sinusite]], [[peritonite]] etc.) e de procesos invasivos graves ([[meninxite]], [[sepse]] etc.), particularmente en anciáns, nenos e persoas inmunodeprimidas. ''S. pneumoniae'' foi recoñecida como a causa principal da pneumonía xa a finais do [[século XIX]], e é suxeito de moitos estudos de [[inmunidade humoral]]. É o principal microorganismo causante de pneumonia adquirida na comunidade (NAC).
 
O [[hábitat]] natural do pneumococo é a [[nasofarinxe]] humana e a colonización pode ter lugar durante os primeiros días de vida.