Mitra (mitoloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo "soe" por "acostuma" ou "adoita"
m Bot: Substitución automática de texto (-\|[ ]*[Aa]ño[ ]*= +|ano=); cambios estética
Liña 2:
'''Mitra''' era un deus pagán da Antigüidade, deus da luz solar, de orixe [[Persia|persa]] que pasou a formar parte do [[imperio romano]] e tivo moito éxito por tódalas provincias do Imperio ata a súa prohibición; adoptada esta relixión polos romanos no ano [[-60|60 a. C.]], competiu co [[cristianismo]] ata o [[século IV]]. Consérvanse diversas esculturas, na súa maior parte do [[século III]]. Representase coma un home mozo, cun gorro frixio, matando un touro.
 
== O deus Mitra romano ==
Durante o [[Imperio romano]], o culto a Mitra desenvolveuse como unha [[relixión mistérica]], organizada en sociedades secretas, exclusivamente masculinas, de carácter [[Esoterismo|esotérico]] e iniciático. Gozou de especial popularidade en ambientes castrenses, obrigaba á honestidade, pureza e valor entre seus adeptos (ao igual que as vellas tradicións romanas).
 
As escavacións iniciadas en [[1857]] baixo a [[igrexa de San Clemente]], en [[Roma]], amosaron que estaba construída sobre unha igrexa paleocristiá do [[século IV]], e esta á súa vez sobre un templo adicado a Mitra. Como sucedeu con moitos outros templos pagáns en todo o Imperio Romano cando os emperadores fixeron do cristianismo relixión oficial. Existen poucos textos escritos por autores mitraístas. Consérvanse algunhas pinturas,inscricións e estatuas, así como descricións desta relixión por parte dos seus opoñentes, entre os que hai [[neoplatónicos]] e [[cristiáns]].
 
Boa parte do que se coñece do mitraísmo basease nas teorías do erudito belga [[Franz Cumont]]. A súa obra ''Os misterios de Mitra'', publicada en [[1903]] conduciu a aseveracións por parte da Escola da historia das relixións no sentido de que o mitraísmo influíra nalgunhas prácticas do cristianismo. Sen embargo Loisy afirma que nas súas primeiras épocas o cristianismo foi unha economía de salvación análoga ós cultos dos misterios pagáns (mitraísmo e cultos de [[Cibeles]], [[Isis]]), fronte ós cales rivalizou durante moito tempo para finalmente lograr vencelos grazas a ser o cristianismo nomeado relixión oficial e única do Imperio Romano.
 
Os primeiros pensadores cristiáns foron xudeus helenizantes que vivían nun mundo pagán, por iso as súas teorías teñen unha base teórica xudía tinguida de rituais propios do paganismo. Alfred Loisy considera que o cristianismo é máis ou menos unha adaptación dos elementos esenciais dos misterios pagáns ó monoteísmo xudeu destes séculos. O traballo interior da consciencia relixiosa é preparado e condicionado por unha tradición relixiosa anterior, non o produto de experiencias relixiosas absolutamente independentes que terían en si mesmas toda a súa explicación.<ref name="Loisy"> {{cita libro| autor =Loisy, Alfred|enlaceautor= Alfred Loisy | título = Los misterios paganos y el misterio cristiano | año ano= 1967 | editorial = Paidos, Biblioteca de ciencia e historia de las religiones |id = ISBN 978-84784-5097509-635-3 }}</ref>
 
===Similitudes co cristianismo:<ref name=" Loisy"/>===
* O mitraísmo tiña trazos de profundo simbolismo moral.
* Era un culto totalmente pechado, confraría, que niso lembra ó cristianismo dos primeiros séculos, cos seus agrupamentos exclusivos e o seu culto enteiramente secreto.
* O secretismo do mitraísmo non era a fe senón os ritos. Ritos de sacrificio e mitos de sacrificio como no cristianismo (Cristo entregado á morte para borrar os pecados dos homes).
* As confrarías de Mitra admitían soamente a homes.
* Os reis honraban a Mitra, tomábano como testemuña nos seus xuramentos e invocábano nos combates.
* A trindade cristiá (a diferencia do deus único do xudaísmo e o Islam) aseméllase á trindade dos cultos politeístas mitríacos (Pai Zeus-Ormazd, Mitra e o Touro).
* Zeus-Ormazd (o Zeus grego asimilado como Ormazd persa) era o deus Pai supremo "Magnopater", pero Mitra era o verdadeiro obxecto da relixión. O grao supremo do deus era o de Pai, cuxa dignidade correspondía á de Mitra no Ceo.
* O mozo deus era fermoso, valente, puro e ensinaba unha moral austera que practicaba el mesmo.
* A idea da salvación: o salvador cristiá aseméllase ós deuses salvadores dos Misterios, Mitra era un deus salvador e sufrinte.
* O mito do sacrificio do touro (sacrificio simbólico durante o ritual) a mans de Mitra tiña como finalidade a redención e inmortalidade dos adeptos. Sobre o sacrificio do touro (representando a Mitra) repuosaba o equilibrio do mundo e a salvación dos homes.
* O banquete ritual dos fieis de Mitra tiña similitudes coa eucaristía cristiá. A veces probablemente se sacrificaban touros reais pero non se comía carne de touro, a bebida sagrada (segundo algúns era auga e segundo outros era viño) que representaba o sangre do touro eran a sustancia de touro místico e divino que era Mitra. Consumíase (simbolizada na bebida sagrada) xunto coa ofrenda do pan durante a cea ou eucaristía mítrica. A sustancia do touro divino estaba no pan da cea dos iniciados tal como estará a sustancia de Cristo no alimento dos benaventurados.
* Logo da celebración da obrigación do pan aparecía unha imaxe da resurrección de Mitra.
* A intención do rito era a mesma: o Soldado consagrábase a Mitra, como o cristián a Cristo.
* O culto de Mitra coñecía a semana con consagración dos sete días ás sete divindades planetarias pero a diferencia dos xudeus santificaban o día do Sol, o domingo, e non o sábado.
* O sacerdote era un iniciado do grado superior (7º grao), un Pai.
* Mitra tamén bautizaba ós seus crentes e prometía a expiación dos pecados polo efecto do baño (bautizo). Só neste culto se unía ó bautismo a imposición dun signo na fronte, como na Igrexa cristiá.
 
Outros autores tamén ven un paralelismo entre o cristianismo e o mitraísmo en que:
* O día sagrado do mitraísmo era o domingo, e non o sábado<ref name = "liaño"> [http://books.google.es/books?id=BwqZ7bNjcCUC&pg=PA124&dq=cristianismo+mitra&cd=2#v=onepage&q=cristianismo%20mitra&f=false Gómez de Liaño, Ignacio: ''El círculo de la sabiduría: diagramas del conocimiento en el mitraísmo, el gnosticismo, el cristianismo y el maniqueísmo''], Siruela, 1998, página 124-125</ref>.
* O nacemento de Mitra celebrábase o [[25 de decembro]]<ref name = "liaño"/>.
* Os atributos do pater —máximo nivel de iniciación no mitraísmo— eran o gorro frixio, a vara e o anel, moi similares á mitra, o báculo e o anel dos bispos cristiáns.
 
== O deus Mitra védico ==
Mitra tamén é un deus védico da [[India]]. Segundo o ''Bhagavata Purana'' é o deus que controla o movemento. En idioma sánscrito o término ''mitra'' significa ‘amigo’.
 
Liña 47:
Nos Vedas non hai moita claridade na identificación de varios deuses. A razón é porque co paso do tempo foron cambiando os cultos. O certo é que Mitra pode ser reminiscencias de tempos anteriores ó establecemento do vedismo (relixión anterior ó [[hinduísmo]]). Aínda hai algúns lugares onde Mitra é invocado, principalmente en xuízos e contratos, para asegurar o seu cumprimento, así como a honestidade dos implicados.
 
== Os misterios de Mitra ==
Mitra naceu dunha rocha (de petra natus) como [[Cibeles]], o hermafrodita primordial. A cova é un elemento principal no seu mito: Mitra péchase nela e só sae unha vez ó ano. O esencial do rito trae consigo o sacrificio do touro por Mitra por orde do Sol. Cubríndose a cabeza co gorro frixio, aguanta ao touro polo nariz e, xirando a cabeza, afúndelle a súa espada na cruz.
 
Liña 54:
Mitra e Xesús comparten o mesmo día de nacemento (25 de decembro, o cristianismo o faría a partir do [[século II]]) e as mesmas crenzas sobre a fin do mundo. Mitra non morre, elévase cara o ceo para executar o Xuízo e resurrección dos corpos. O sacrificio do touro é interpretado como un sacrifico de redención do mundo. O asasinato do touro é primitivamente a obra de Ahrimán, príncipe do Mal iraní, que quere así, co seu escorpión que colle coas súas pinzas os xenitais do Touro, viciar a vida na súa fonte. Derramando o sangue do touro, Mitra fertiliza o mundo e permite a prepetuación da Creación. Ó contrario que nos ritos de Cibeles, o culto de Mitra non implica un sacrificio tauróbolo, este foi cumprido dunha vez por todas por Mitra na orixe. O rito consiste esencialmente na “oblación do pan”, para conmemorar o banquete primordial de Sol e Mitra, que precedeu á súa ascensión.
 
== Notas ==
{{listaref|2}}
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat|Mithras|Mitra}}
=== Bibliografía ===
* I. Campos Méndez, ''El dios Mitra: orígenes de su culto anterior al mitraísmo romano''. Ed. ULPGC, Las Palmas de Gran Canaria, 2006. ISBN 84-96502-71-6
* I. Campos Méndez, 'Fuentes para el estudio del Mitraísmo', Ay. Cabra, 2010. ISBN 84-936789-7-5.
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.elpaseocultural.es/jornadasmithraicas/index.php?sec=1264537431&sub=1264538617Comunicación nas I Jornadas Mitraicas de Cabra (2009). "Los Misterios Mitraicos: los seguidores de Mitra".] Dr. Israel Campos Méndez
* [http://www.mithraeum.eu Mithraeum.eu] Sitio internet en castelán cunha ampla colección sobre o deus Mitra.
* [http://lam.mitra.free.fr Los Amigos de Mitra] Páxina en castelán e en francés dos amigos de Mitra, neopagáns.
* [http://www.transoxiana.org/0108/campos-mithra.html Elementos de continuidade entre o culto do deus Mithra en Oriente e Occidente], Israel Campos Mendez en Transoxiana 8, Julio 2004.
* [http://www.svenska-institutet-rom.org/pecus/nasstrom.pdf The sacrifices of Mithras] en PECUS. MAN AND ANIMAL IN ANTIQUITY. Proceedings of the conference at the Swedish Institute in Rome, September 9-12, 2002. Ed Barbro Santillo Frizell (The Swedish Institute in Rome. Projects and Seminars, 1), Rome 2004.
 
[[Categoría:Persia]]