Oso pardo europeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-\|[ ]*[Ee]nlaceautor[ ]*= +|ligazónautor=); cambios estética
Liña 32:
A súa pelaxe renóvase unha vez ao ano, na época estival,
 
A [[visión]] non a teñen moi desenvolvida comparada con outros [[Sentido (bioloxía)|sentidosentidos]]s, aínda que si pode ver en [[cor]] durante a noite. A longa distancia recoñecen formas mais non detalles, e detectan moito mellor animais ou obxectos en movemento que inmóbiles. Nalgunhas situacións desfavorables poden erguerse sobre as súas patas traseiras para aumentar o seu campo de visión. O seu [[oído]] é extremadamente agudo e desenvolvido do mesmo xeito có [[olfacto]] que é excelente, finísimo e, sen dúbida, o seu sentido máis desenvolvido e o que máis lles axuda na súa vida cotiá. Grazas a el poden detectar a longa distancia moitas das súas fontes de [[alimento]] e tamén o estado sexual doutros exemplares durante a época de [[celo]].
 
As súas [[mandíbula]]s teñen entre 36 e 38 [[dente]]s, entre os que destacan 4 caninos puntiagudos e robustos como os doutros [[carnívoros]]. Con todo, a presenza de incisivos aptos para cortar herba e talos, e de molares amplos e aplanados capaces de triturar alimentos de orixe vexetal, fan que a dentadura deste carnívoro estea perfectamente adaptada a un réxime omnívoro.
Liña 52:
 
== Alimentación ==
Os osos son [[omnívoro]]s: na primavera e no outono a súa alimentación é sobre todo vexetal, mais tamén aprecian as [[prea]]s. O seu alimento preferido son os [[panal|panais]] de [[mel]]. Ademais cazan pequenos vertebrados e insectos e, no momento de remonte dos [[salmo (xénero)|salmónsalmóns]]s nos ríos, fanse piscívoros, concentrándose preto das beiras. Unicamente algúns individuos se especializan na captura de grandes presas, sobre todo animais domésticos e de caza.
 
== Costumes ==
Liña 60:
As femias adoitan moverse por áreas dalgunhas decenas de km2 que empregan de forma intensa. Pola contra, os machos teñen grandes áreas de campeo, que abranguen a varias femias. Un macho adulto radiomarcado no actual Parque Rexional de Riaño (León) moveuse durante catro anos por unha extensión de 2.447 km2. A calidade do hábitat ten unha notable influencia sobre a extensión da área de campeo. Os exemplares que viven nos bosques boreais de [[conífera]]s -moito menos produtivos cós bosques caducifolios temperáns- teñen áreas de campeo moito maiores. Por exemplo, os machos estudados en [[Suecia]] e [[Noruega]] móvense por extensións de 5.430 km2 de media, mentres que as femias teñen áreas de campeo medias de 345 km2.
 
No tocante aos [[Hábitat (ecoloxía)|hábitathábitats]]s que ocupan, prefiren as [[carballo (árbore)|carballeiras]], [[faia]]is e [[bidueiro|bidueirais]], pero tamén utilizan as formacións arbustivas, as matogueiras e os rochedos.
 
== Como detectar a súa presenza ==
As [[pegada]]s do oso pardo, grandes, anchas, e onde aparecen marcadas con claridade as fortes unllas e os dedos, e a planta de pés e mans, son moi distintivas. Os expertos poden detectar así mesmo a presenza do oso polas marcas de unllas nos troncos das árbores, as pedras viradas, as [[colmea]]s atacadas, ou os pelos perdidos nas codias e aramiadas.
 
== Distribución ==
 
=== Distribución en Galicia ===
[[Ficheiro:Dist Oso pardo europeo GZ.svg|miniatura|200px|Distribución do oso pardo en Galicia.]]
 
Liña 133:
| nome = Miguel
| coautores = Juan Carlos Velasco Marcos, Miguel Lizana Avia, Jacinto Román Sancho, Jesús Fernández Gutiérrez, Carlos Sánchez Alonso
| enlaceautor ligazónautor= Miguel Delibes de Castro
| título = Guía de los peces, anfibios, reptiles y mamíferos de Castilla y León
| ano = 2005
Liña 139:
| isbn = 84-933730-1-X
}}
* Díaz d'a Silva e Carrtelle, Y. (2007): ''Guía dos mamíferos de Galicia''. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-96883-20-7.
* Kowalski, K. (1981): ''Mamíferos. Manual de teriología'', pp. 464-472. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
* Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): ''Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference''. Third edition. Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 08018822140-8018-8221-4.
 
=== Outros artigos ===
Liña 150:
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.faunaiberica.org/?page=oso-pardo-iberico Oso pardo ibérico. ''Ursus arctos pyrenaicus''] en Fauna Ibérica {{es}}
* [http://www.fundacionosopardo.org/ Fundación Oso Pardo] {{es}}, {{en}}
* [http://www.fapas.es/ Fondo para a protección dos animais salvaxes (FAPAS)] {{es}}