Salvador Dalí: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-\|[ ]*[Aa]ño[ ]*= +|ano=)
Liña 134:
Gala morreu o [[10 de xuño]] de [[1982]] e trala súa morte, Dalí perdeu o seu entusiasmo por vivir. Deliberadamente, deshidratouse seriamente —como consecuencia dun intento de [[suicidio]]—, aínda que xustificou a súa acción como un método de entrar nun estado de animación suspendida, do mesmo modo que poden facer algunhas [[bacteria]]s. Mudouse de Figueres ó castelo de [[Púbol]], que lle comprara a Gala, e onde ela finou. En [[1984]], declarouse un incendio de causas descoñecidas no seu dormitorio.<ref>[http://query.nytimes.com/gst/fullpage.html?res=9905E1DB1038F932A3575AC0A962948260 "Dalí Resting at Castle After Injury in Fire"]. ''[[The New York Times]]''. September 1, 1984. (Revisado o 22 de xullo de 2006; en inglés).</ref> De novo sospeitouse dun intento de suicidio, aínda que quizais se debese a neglixencia do persoal doméstico.<ref name=olga /> De todos os xeitos, Dalí foi rescatado e regresou ó seu domicilio en Figueres, onde un grupo de artistas, mecenas e colegas artistas se encargaron do seu benestar ata os seus últimos anos.
 
Denunciouse que Dalí foi obrigado por algúns dos seus "coidadores" a asinar lenzos en branco que serían vendidos trala súa morte como orixinais.<ref name="scandal">{{cita libro | título = The Dalí Scandal: An Investigation | autor = Mark Rogerson | isbn = 0575037865 | editorial = Victor Gollancz | año ano= 1989}}</ref> Estes rumores fixeron que o mercado da arte fose escéptico coas obras atribuídas a Dalí durante a súa última época.
 
En novembro de [[1988]] Dalí foi ingresado por mor dun serio fallo cardíaco, e o 5 de decembro de 1988 foi visitado polo rei Xoán Carlos I, quen lle confesou que sempre foi un fiel admirador da súa obra.<ref>Etherington-Smith, Meredith. [http://books.google.com/books?id=soncxLrkYX0C&dq ''The Persistence of Memory: A Biography of Dalí''], p. 411, 1995 Da Capo Press, ISBN 0-306-80662-2.</ref>