Masonaría: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiño
engadindo outras palabras
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil
Liña 31:
Aparecida en [[Europa]] entre finais do [[século XVII]] e comezos do [[século XVIII|XVIII]], a masonaría moderna ou "especulativa" foi descrita a miúdo como ''un sistema particular de moral ilustrada por símbolos''. Preséntase a si mesma como unha ferramenta de formación, cun método particular que, baseado no simbolismo da construción, permite aos seus membros desenvolver a súa capacidade de escoita, de reflexión e de diálogo, para transmitir estes valores á súa contorna.
 
A historia institucional da masonaría presenta numerosas disidencias, cuxas principais causas, con importantes matices e derivacións, están relacionadas coa admisión da muller na masonaría, a cuestión das crenzas relixiosas ou metafísicas, a [[natureza]] dos temas tratados ou a forma de traballar das loxas, así como coas bases sobre as que se fundamenta a [[Masonaría Regular|regularidade masónica]]. A existencia de distintos puntos de vista sobre estes e outros temas deu lugar ao desenvolvemento de distintas pólas ou correntes masónicas, que a miúdo non se recoñecen entre elas. Moitos personaxes da historia foron membros da orden, [[Mozart]] por exemplo, [[Washington]] e outros moitos personaxes que tamén chegaron a formar parte de alguna Loxa.
 
== Véxase tamén ==