Intercalación (química): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
traducido de en:Intercalation (chemistry)
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 12 de maio de 2015 ás 17:36

En química, a intercalación é a inclusión ou inserción reversible dunha molécula (ou ión) nos compostos con estruturas formadas por capas. Son exemplos os compostos de intercalación do grafito.

Modelo de intercalación do potasio no grafito.

Moitos sólidos formados por capas levan intercaladas moléculas hóspedes. Un exemplo famoso é a intercalación de ións potasio no grafito.[1] a Intercalación expande o espazo de van der Waals que hai entre as láminas, o cal require enerxía. Xeralmente esta enerxía é subministrada por transferencia de carga entre o hóspede e o sólido hospedador, é dicir, un proceso redox. Dous compostos de grafito de potasio son KC8 e KC24. Os fluoruros de carbono (por exemplo, (CF)x e (C4F)) prepáranse por reacción do flúor con carbono grafítico. A cor é cincenta, branca ou amarela. O enlace entre os átomos de carbono e de flúor é covalente, este flúor non está intercalado. Estes materiais foron considerados como cátodos en varias baterías de litio.

Intercalación do Li nun cátodo de disulfuro de titanio. O proceso implica o inchamento nun eixe do cristal e a transferencia de carga desde o Li ao Ti.

Treating graphite with strong acids in the presence of oxidizing agents, causes the graphite to oxidise. Graphite bisulfate, [C24]+[HSO4], is prepared by this approach using sulfuric acid and a little nitric acid or chromic acid. The analogous graphite perchlorate can be made similarly by reaction with perchloric acid.

Aside from graphite, well-known intercalation hosts are the layered metal dichalcogenides such as tantalum disulfide and iron oxychloride.[2] In characteristic manner, intercalation is analyzed by X-ray diffraction, since the spacing between sheets increases, and by electrical conductivity, since charge transfer alters the number of charge carriers.

Exfoliación

Un caso extremo de intercalación é a separación completa de capas dun material. Este proceso denomínase exfoliación. Xeralmente requírense condicións agresivas que implican solventes oi polares e reactivos agresivos.[3]

Materiais relacionados

En bioquímica, a intercalación é a inserción de moléculas entre as bases do ADN. Este proceso utilízase como un método para analizar o ADN e tamén para explicar certos tipos de envelenamentos.

Os clatratos son substancias químicas que constan dun retículo que atrapa ou contén moléculas. Xeralmente os compostos clatratos son poliméricos e envolven completamente a molécula incorporada. Os compostos de inclusión son a miúdo moléculas, mentres que os clatratos son tipicamente poliméricos. Os compostos de intercalación non son tridimensionais, a diferenza dos compostos clatratos.[4] Segundo a IUPAC, os clatratos son "compostos de inclusión nos que a molécula hóspede está nunha gaiola formada pola molécula hospedadora ou polo retículo de moléculas hospedadoras"[5]

Notas

  1. Holleman, A. F.; Wiberg, E. "Inorganic Chemistry" Academic Press: San Diego, 2001. p. 794 ISBN 0-12-352651-5.
  2. S. Kikkawa, F. Kanamaru, M. Koizumi "Layered Intercalation Compounds" Inorganic Syntheses, 1983, Volume 22, 86. doi 10.1002/9780470132531.ch17
  3. V. Nicolosi, M. Chhowalla, M. G. Kanatzidis, M. S. Strano , J. N. Coleman, "Liquid Exfoliation of Layered Materials" Science 2013, Vol. 340 no. 6139. http://www.sciencemag.org/content/340/6139/1226419.abstract
  4. J. L. Atwood "Inclusion Compounds" in Ullmann's Encyclopedia of Industrial Chemistry, 2012, Wiley-VCH, Weinheim. doi 10.1002/14356007.a14_119 10.1002/14356007.a14_119
  5. http://goldbook.iupac.org/C01097.html

Véxase tamén

Outros artigos