Xenómica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 63:
Os xenomas que foron secuenciados foron moi útiles para a humanidade, mais son unha mínima parte do total de xenomas existentes. A secuenciación destes xenomas fornecerá unha información moi valiosa para o tratamento de doenzas, a agricultura e a biotecnoloxía. As secuencias xenómicas completas de mamíferos axudarán ao entendemento da evolución e función do xenoma humano. No futuro, a información sobre a secuencia xenómica completa poderá aplicarse no tratamento individual de pacientes, mesmo de neonatos, dando lugar a unha medicina máis individualizada.
O coñecemento de secuencias completas tamén ten un aspecto negativo, xa que pode levar á discriminación dalgunhas persoas identificadas como portadores de secuencias que determinen doenzas, trastornos e trazos físicos.
 
== Ferramentas de uso xenómico ==
Para as análises xenéticas do desenvolvemento da domesticación nos animais poderíanse empregar programas de [[secuenciación do ADN|secuenciación xenética]] como o OryCun 2.0, e tamén Ensembl tendo en conta os [[UTR]], rexións non codificantes do ARN, e rexións non codificantes conservadas co fin de poder determinar aquelas rexións xenómicas baixo selección durante a domesticación. Estes parámetros de análise tamén se poden complementar con análises de diversidade xenética e [[heterocigoto|heterocigosidade]] entre coellos silvestres e domésticos.
 
== Notas ==