Reino de Romanía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Substitución automática de "Flag_of_Austria-Hungary_1869-1918.svg" por "Flag_of_Austria-Hungary_(1869-1918).svg" segundo o ordenou [[commo...
corrixo presionar por premer
Liña 103:
En [[1940]], nos inicios da [[Segunda Guerra Mundial]], o territorio de Transilvania setentrional foi cedido a [[Reino de Hungría (1920 - 1945)|Hungría]] no [[Segundo Premio de Viena]], os de Besarabia e o norte de Bucovina á [[Unión Soviética]] e a parte meridional de Dobruia a [[Bulgaria]]. Todo isto seguindo as liñas que a [[Alemaña Nazi]] establecera no [[Pacto Molotov-Ribbentrop]].
 
Tras estas derrotas políticas, o Rei vese presionadopremido para nomear ao Xeneral [[Ion Antonescu]] como Primeiro Ministro o [[4 de setembro]] de [[1940]]. Dous días despois, Antonescu fai abdicar ao Rei [[Carol II]] e [[Miguel I de Romanía|Miguel I]] sobe ao trono. Ion Antonescu apoiaríase na Garda de Ferro para acumular poder, mais logo inicia unha sanguenta purga contra o partido fascista.
 
Durante a Segunda Guerra Mundial, Antonescu achega ao seu país á Alemaña Nazi, e os exércitos romaneses participan na [[invasión da Unión Soviética]] en [[1941]]. As súas tropas quedan destruídas entre [[1943]] e [[1944]], e a finais deste ano o [[Exército Vermello]] achégase ás fronteiras romanesas. Antonescu é derrocado nun golpe de estado liderado polo Rei Miguel I, e cambia de bando, permitindo a entrada de tropas soviéticas a Romanía. Até o final da guerra, as tropas romanesas loitarían á beira das soviéticas contra Alemaña.