Diferenzas entre revisións de «Carlos IV de España»

corrixo presionar por premer
(arranxiño)
(corrixo presionar por premer)
[[Ficheiro:Estatua equestre Carlos IV.jpg|miniatura|230px|Estatua de Carlos IV en [[Ciudad de México]].<ref>Coñecida popularmente como ''El Caballito''</ref>]]
[[Ficheiro:Turner, The Battle of Trafalgar (1806).jpg|miniatura|230px|A Batalla de Trafalgar, por [[Joseph Mallord William Turner|Turner]].]]
A chegada ao poder de [[Napoleón Bonaparte|Napoleón]] en [[1799]] e a súa proclamación como [[emperador]] en [[1804]] alterou as relacións internacionais, e España renovou a alianza con Francia. Napoleón necesitaba, na súa loita contra os británicos, contar coa colaboración de España, sobre todo da súa escuadra. Por iso, presionoupremeu a Carlos IV para que restablecera a súa confianza en [[Manuel Godoy|Godoy]]. Este asumiu de novo o poder en [[1800]] asinou o [[Convenio de Aranjuez]] de 1801 polo que poñía a disposición de Napoleón a escuadra española, o que implicaba de novo a guerra contra [[Gran Bretaña]].
 
Godoy declarou en [[1801]] a guerra a [[Portugal]], principal aliado británico no continente, antes de que o fixera Francia. Este conflito, coñecido como a [[guerra das Laranxas]], significou a ocupación de [[Olivenza]] por España que, ademais obtivo o compromiso de Portugal de impedir o atraque de buques británicos nos seus portos.