Masacre de Trelew: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 4 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3036457
corrixo presionar por premer
Liña 22:
 
==Fusilamento==
Mentres o goberno de [[Alejandro Agustín Lanusse]] intentaba presionarpremer por todos os medios ao presidente de Chile Salvador Allende para que deportara aos fuxidos en calidade de prisioneiros, toda a zona de Rawson e Trelew era virtualmente ocupada por forzas militares do exército e xendarmería, que patrullaban continuamente e facían practicamente imposible calquera novo intento de fuga. A propia Base Aeronaval de Trelew mantiña unha numerosa dotación de tres mil efectivos da Armada. Rexía en toda a zona un estado de máxima alerta, todo o cal facía impensable reintentar outra operación de evasión.
 
Nun clima de absoluta hermeticidade e gran tensión, a noite do [[21 de agosto]] permanecían reunidos na Casa de Goberno os membros da Xunta de Comandantes en Xefe das tres forzas armadas, colaboradores e ministros. Non se brindou ningunha información aos xornalistas que agardaban noticias.