Comores: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
corrixo presionar por premer
Liña 59:
A través dos séculos, as illas de Comores foron invadidas por unha sucesión de diversos grupos desde a costa de África, o [[golfo Pérsico]], [[Indonesia]] e [[Madagascar]]. Os exploradores [[Portugal|portugueses]] visitaron o arquipélago en [[1505]] e causaron a destrución da economía comercial das illas. Cando o sultán de [[Omán]] logrou expulsar os portugueses da rexión, quedaron baixo a influencia de [[Zanzíbar]] e o tráfico de escravos dos poboadores de orixe bantú aumentou considerablemente.
 
Durante o [[século XIX]], logo da separación de Zanzíbar do sultanato de Omán, os europeos presionaronpremeron e [[Francia]] ocupou [[Mayotte]] en [[1841]] e posteriormente o resto do arquipélago entre [[1886]] e [[1909]]. En [[1912]] as illas estiveron baixo a administración do [[gobernador xeral]] de Madagascar. Despois, colonizadores franceses, compañías de donos franceses e ricos mercantes árabes estableceron unha economía baseada en plantacións que agora abarcaban unha terceira parte do territorio do país para exportar os seus cultivos. En [[1946]] Francia concédelle autonomía administrativa co nome de Territorio de Ultramar das Illas Comores.
 
Un acordo foi rexeitado por Francia en [[1973]] para conceder a independencia en [[1978]]. Con todo, o [[6 de xullo]] de [[1975]], o parlamento comoriano emitiu unha resolución declarando a independencia. Os deputados de Mayotte, que permanecía baixo control francés, abstívose. En dous referendos, en decembro de [[1974]] e febreiro de [[1976]], a poboación de Mayotte votou contra a independencia de Francia (por 63.8% e 99.4% respectivamente).