O backgammon xógase por unha aposta acordada (ou un número de puntos nos xogos de torneo). Durante o transcurso do xogo, un xogador que cre ter a vantaxe suficiente pode propor duplicar as súas apostas. Só poderá facelo ao chegar a súa tandaquenda e antes de tirar os dados. Un xogador ao que se ofreza dobrar, pode rexeitalo, pero, nese caso, dará por perdida a partida e pagará a aposta orixinal. A alternativa é aceptar o dobre e seguir xogando pola nova aposta máis alta. Un xogador que acepta un dobre convértese no propietario do dado e só el poderá realizar o seguinte dobre. Os dobres subseguintes nunha mesma partida chámanse redobres. Se un xogador rexeita un redobre, deberá pagar a aposta que estaba en xogo antes do redobre. Se non o rexeita, converterase no novo propietario do dado e o xogo continuará cunha aposta dobre á anterior. Os redobles poden aumentar a aposta orixinal ata en 64 veces.<ref name="play65">''play65.es'' [http://www.play65.es/Backgammon.html#BG_Lnk_7 "Reglas del backgammon."] A ultima ves que se acedeu a ela foi o [[2 de febreiro]] [[2008]].</ref>