McDonnell Douglas F-4 Phantom II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
corrixo ortografía
Liña 26:
 
== Historia ==
O F-4 Phantom II foi concebidoconcibido como un interceptador de longo radio de acción para a Mariña dos Estados Unidos, pero tamén con capacidade de proporcionar apoio en accións de ataque a terra, á Infantería de Mariña. Inicialmente o F-4 foi desenvolvido por iniciativa de McDonnell Aircraft en [[1953]], coa intención de ofrecer un cazabombardeiro todo-tempo, despois de perder un concurso convocado pola Mariña.
 
Ese ano McDonnell Aircraft comezou a traballar na revisión do seu caza naval [[McDonnell F3H Demon|F3H Demon]], buscando ampliar as súas capacidade e mellorar as súas características. A compañía desenvolveu varios proxectos, incluído unha variante equipada cun motor Wright J67, e outras con dous Wright J65 ou dous General Electric J79. A versión impulsada polos J79 prometía unha velocidade de Mach 1.97. O [[19 de setembro]] dese ano, McDonnell propúxolle á Mariña dos Estados Unidos o "Super Demon". Excepcionalmente, o avión debía ser modular; cun ou dous asentoss para distintas misións, con diferentes conos no morro para levar rádar, cámaras fotográficas, catro canóns de 20 mm, ou 56 foguetes non guiados FFAR ademais de nove puntos de anclaxe para armas baixo a fuselaxe e as ás. A mariña estivo suficientemente interesada como para ordenar unha maqueta en tamaño real do F3H-G/H, pero sentiu que os próximos [[Grumman F-11 Tiger|Grumman XF9F-9]] e [[Vought F-8 Crusader|Vought XF8U-1]] tamén poderían satisfacer a necesidade dun caza supersónico.
Liña 35:
O XF4H-1 foi deseñado para levar catro misís guiados por rádar [[AIM-7 Sparrow|AAM-N-6 Sparrow III]] semi-empotrados, e para ser impulsado por dous motores J79-GE-8. Ao igual que no [[McDonnell F-101 Voodoo]], os motores instaláronse na parte baixa da fuselaxe para maximizar a capacidade interna de combustible e a inxesta de aire a través das tomas de xeometría fixa. A delgada á tiña un bordo de ataque de 45° e estaba equipada cun sistema de control das súas zonas límite para mellorar o seu manexo a velocidades baixas.
 
As probas no [[túnel de vento]] revelaron unha inestabilidade lateral que requería un engadido de 5° de diedro ás ás. Para evitar redeseñar a sección central de titanio do avión, os enxeñeiros de aumentaron o ángulo só das partes externas das ás 12º, que facían unha media dos 5º requeridos para toda a envergadura. As ás tamén recibiron a distintiva forma "dogtooth" (dente de can) para mellorar o control en ángulos de ataque altos. Os estabilizadores completamente móbiles tiñan un ángulo de 23º para mellorar o control a ángulos de ataque altos mentres que se mantiñan fora da zona de expulsión de gases do motor. Ademais, as tomas de aire estaban equipadas con rampasramplas mobibles para regular o fluxo de aire cara os motores a velocidades supersónicas. A capacidade de interceptador todo-tempo foi conseguida grazas ao rádar AN/APQ-50. Para poder operar en portaavións, o tren de aterraxe deseñouse para soportar aterraxes cunha taxa de caída de 7 m/s, mentres que a pata do morro podía extenderse uns 50 cm para incrementar o ángulo de ataque no despegue.
 
O [[25 de xullo]] de [[1955]], a Mariña pedíu dous XF4H-1 de probas e cinco YF4H-1 de pre-produción. O Phantom realizou o seu priemro voo o [[27 de maio]] de [[1958]] con Robert C. Little nos controis. Un problema hidráulico impedíu a retracción do tren de aterraxe, pero os seguintes voos transcorreron sen problemas. Tras as primeiras probas tiveron que redeseñarse as tomas de aire, incluíndo a distintiva adición de 12.500 buratos para "purgar" o aire límite de movemento lento da superficie de cada ramparampla das tomas. O avión pronto se enfrontou co [[Vought XF8U-3 Crusader III|XF8U-3 Crusader III]]. Debido á carga de traballo do operador a Mariña quería un avión con dous asentos, polo quen o [[17 de decembro]] de [[1958]] o F4H foi declarado gañador. Retrasos cos motores J79-GE-8 fixeron que o primeiro exemplar de produción se equipase con motores J79-GE-2 e −2A. En [[1959]], o Phantom comezou as probas de idoneidade en portaavións, realizando o primeiro ciclo completo de lanzamento-recuperació o [[15 de febreiro]] de [[1960]] no ''[[USS Independence]]''.
 
Houbo propostas para chamar ao F4H "Satan" e "Mithras", o deus persa da luz. Finalmente o avión recibíu un nome menos controvertido, "Phantom II" (o primerio "Phantom" fora outro caza de McDonnell, o [[McDonnell FH Phantom|FH-1 Phantom]]). O Phantom II recibíu brevemente a designación F-110A e o nome "Spectre" pola USAF, pero ese nome nunca foi usado.